26/05/ 2006

“Abrindo camiños de diálogo”: Xornada sobre a Xestión do lixo en Galiza 2006

Filed under: Residuos, Convocatoria

 Sábado 27 de maio Museo do Pobo Galego. Santiago de Compostela Diante da inminente revisión dos planos e políticas de xestión dos residuos na Galiza, é crucial a posta ao día da situación e resultados acadados nos ámbitos das diferentes alternativas existentes. Preténdese ademais crear un encontro de debate sobre as dificultades coas que bate unha xestión sustentábel do lixo no noso país, e sobre que liñas deben ser impulsadas e cales revisadas. Ao longo da xornada, poderán intercambiar os seus pontos de vista e expericiencias as persoas responsábeis de empresas, administiracións, colectivos ecoloxistas e en xeral calquera persoa interesada ou afectada polas prácticas de xestión dos residuos (more…)

25/05/ 2006

O Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) organiza unha actividade aberta polo litoral de Rons, en O Grove, para explicar a súa proposta de mellora ambiental.

Filed under: Convocatoria, Litoral

O CES organiza, dentro das Actividades Abertas Mensuais do Colectivo, un recoñecemento do tramo de litoral de O Grove, comprendido entre Cantodorxo e Virxe das Mareas. O CES fai esta invitación a socios e non socios a coñecer un entorno costeiro que amosa moitas posibilidades recreativas toda vez sexa rehabilitado ambietnal e paisaxísticamente, xa que actualmente a súa estética está a ser degradada por diversas actuacións. O CES guiará o paseo, explicando aos asistentes as súas propostas de actuación na zona, propostas recollidas nun estudo que lle foi entregado á Delegada do Servizo de Costas de Pontevedra hai poucas semáns.

Esta actividade comeza as cinco da tarde do próximo sábado 27 de maio, diante da lonxa de O Grove. A actividade terá unha duración de aproximadamente dúas horas, sendo unha ruta apropiada para todas as idades. Recoméndase aos asistentes ir con calzado e roupa apropiada para camiñar.

24/05/ 2006

A neveira foi destruída por unha pa escavadora que estaba a abrir unha pista, nas obras dos novos parques eólicos da Serra do Suído

EUROVENTO DESTRÚE UNHA NEVEIRA NA SERRA DO SUÍDO

 

A neveira, situada no lugar dos Canos da Neveira e datada no século XVIII, estaba formada por un gran foxo de pedra, que servía para gardar neve despois do inverno para seren utilizada como conservante do peixe e de outros produtos alimentarios, transportados pola antiga ruta comercial coñecida como Camiño dos Arrieiros, que atravesaba a Serra do Suído dende os antigos portos pesqueiros da Ría de Pontevedra ata a comarca do Ribeiro. (more…)

22/05/ 2006

ADEGA participa en madrid na sinatura do manifesto polo peche das centrais nucleares

Filed under: Enerxía

Este sábado, día 20, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) participou en Madrid xunto con outras asociacións ecoloxistas e movimentos antinucleares do resto do Estado nunha reunión na que se suscribimos un manifesto polo peche das centrais nucleares. ADEGA recordou na rolda de prensa posterior que Galiza non pode quedar ao marxe do debate sobre o futuro da enerxía nuclear recordando a campaña que a cidadanía galega levou contra da instalación da Central Nuclear de Xove durante a segunda metade dos 70. Tamén recordou as grandes mobilizacións dos anos 81 e 82 de toda a sociedade galega en contra dos vertidos de residuos radiactivos na foxa atlántica para exemplificar que, aínda que Galiza non dispuña de centrais nucleares, ía soportar durante milleiros de anos os graves riscos derivados duns residuos radiactivos, para os que aínda hoxe a tecnoloxía non tén encontrado solución definitiva. (more…)

248 especies de fauna e flora galegas ameazadas de extinción

Filed under: Flora e Fauna

 DÍA MUNDIAL DA DIVERSIDADE BIOLÓXICA

  248 especies de fauna e flora de Galicia están ameazadas de extinción en maior ou menor medida, segundo os datos recollidos no libro “A Natureza Ameazada 2004”, editado pola Sección de Patrimonio Natural do Consello da Cultura Galega e do que son autores diversos especialistas. 54 delas presentan un risco alto de extinción. Estes datos revelan unha considerábel perda de biodiversidade na nosa terra, que vai moito máis alá da regresión dalgunhas especies emblemáticas de aves e mamíferos. O empobrecemento do noso patrimonio de biodiversidade é un indicador importante de deterioración ambiental. No Día da Biodiversidade, a asociación ecoloxista Verdegaia demanda un maior compromiso institucional e social coa conservación da biodiversidade e, en particular, a implementación dunha política autonómica forte de conservación da natureza. (more…)

15/05/ 2006

Os perdigóns de chumbo no litoral da Toxa son fonte de contaminación na ría.

Filed under: Litoral, Contaminación

O venres 12 de maio, as 10:30 horas, o Colectivo Ecoloxísta do Salnés (CES) quixo informar da presenza de centos de quilos de perdigóns de chumbo na costa da illa da Toxa, provintes do campo de tiro ao pichón. Para iso fíxose unha primeira mostraxe das áreas afectadas e unha mesa – mostra dos perdigóns recollidos nos distintos sustratos. Cinco socios do CES desprazáronse ás inmediacións do campo de tiro ao pichon, e fixeron unha recollida de perdigóns de chumbo, en distintos sustratos do litoral da illa (rochas do intermareal e sedimentos areosos) durante 20 minutos. Os resultados foron a recollida de 3,1 Kg de chumbo.

 

(more…)

10/05/ 2006

ADEGA resposta aos acordos do Pleno da Corporación Municipal de Muxía do día de onte

Filed under: Litoral

  En relación as manifestacións dos veciños e Alcalde de Muxía solicitando a ubicación da piscifatoría de Pescanova en cabo Touriñán, queremos aclarar ante todas e todos os veciños de Muxía e Touriñán os seguintes puntos: (more…)

06/05/ 2006

A FEG e Verdegaia apoian a decisión da Xunta de non permitir a contrucción dunha piscifactoría en cabo Touriñán

Filed under: Litoral

A Federación Ecoloxista Galega (FEG) e Verdegaia apoian a decisión da conselleira de Pesca, Carmen Gallego, de impedir a construción dunha macropiscifactoría de Pescanova en cabo Toriñán, dentro do espazo natural da Rede Natura 2000 “Costa da Morte”. A construción da piscifactoría en Touriñán constituiría unha agresión inaceptábel a un dos espazos máis valiosos da costa galega e ibérica. FEG e Verdegaia felicitan á Xunta por corrixir unha decisión do Goberno do PP que antepoñía os intereses privados de Pescanova á defensa do patrimonio ambiental colectivo. As organizacións ecoloxistas lamentan a reacción de Pescanova, prepotente e carente de sensibilidade ambiental.

(more…)

04/05/ 2006

III concurso fotográfico OUREOL

Filed under: Convocatoria

Cada fotografía presentada deberá presentarse en sobre fechado dentro do que figurará o título da foto, e ademais:

Nome e apelidos

Enderezo

Teléfono

Correo electrónico

Depositando o sobre na conserxeria da Facultade de Bioloxía da USC (dirixido a OUREOL, local de alumnos) enviando o sobre por correo a:

OUREOL: Facultade de Bioloxia, Local de Alumnos, Universidade de Santiago de Compostela, C.P. 15782

OUREOL quedará cos dereitos de publicación, reprodución e distribución dos traballos premiados e fará uso dos mesmos tendo en conta a Lei de Propiedade Intelectual O fallo será mediante ‘Vox Populi’ sendo a fotografía gañadora aquela que acumule máis votos durante a súa exposición

PRESENTACION DAS FOTOGRAFIAS TEMÁTICA

Ecosistemas Naturais (fauna, flora)

Impacto Ambiental

FOTOGRAFIAS. Tamaño Máximo. 200×250 mm Poderase empregar calquera técnica fotográfica

Nº máximo: 2 por categoría

PRAZOS. Presentación das fotos do 2 ó 19 de maio Exposición das fotos do 22 de maio ó 9 de xuño no corredor da Facultade de Bioloxía

Entrega dos premios en xuño Daranse catro premios, dous por categoria (1º e 2º premio) que consistirán en guias ilustradas

ADEGA resposta a Pescanova sobre a piscifatoría de Touriñán

En relación ás declaracións do xerente de Pescanova denunciando á actitude da Consellería de Pesca pola denegación de autorización de ubicación da piscifactoría de Touriñán, queremos manifestar o seguinte: (more…)

03/05/ 2006

O Proxecto Rios inicia a campaña de primavera com presentacións, saídas formativas e cursos de formación de voluntariado.

Durante a semana do 1-7 de Maio do 2006, realizaranse presentacións e saídas formativas do Proxecto Ríos nos Concellos de Guitiriz, Boiro e Lalín, así como o III Curso de Formación de coordinadores/as de grupo, na Estación de Hidrobioloxía do do Encoro do Con (Vilagracía de Arousa).

(more…)

02/05/ 2006

As nucleares e quito: un vello debate con novos argumentos

Filed under: Enerxía

A central nuclear de Zorita (Cidade Real) deixou definitivamente de funcionar a partir das 23:30 horas deste 30 de abril, en virtude dun acordo do ano 2002 da Comisión de Industria do Parlamento. Remata así parte dun longo pesadelo de case 40 anos (quedan aínda 9 até o seu completo desmantelamento), mais o mal soño da enerxía nuclear e dos seus refugallos parece non ter fin. Con motivo da parada definitiva desta central, e fronte a certas voces que coa excusa de frear o cambio climático queren resucitar o negocio da industria nuclear, ADEGA volta a insistir que a opción nuclear segue a ser absolutamente inaceptábel, tanto dende o punto de vista ambiental, da saúde e da solidariedade, como dende o punto de vista económico e da seguridade.

(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here