III concurso fotográfico OUREOL
Cada fotografía presentada deberá presentarse en sobre fechado dentro do que figurará o título da foto, e ademais:
Nome e apelidos
Enderezo
Teléfono
Correo electrónico
Depositando o sobre na conserxeria da Facultade de Bioloxía da USC (dirixido a OUREOL, local de alumnos) enviando o sobre por correo a:
OUREOL: Facultade de Bioloxia, Local de Alumnos, Universidade de Santiago de Compostela, C.P. 15782
OUREOL quedará cos dereitos de publicación, reprodución e distribución dos traballos premiados e fará uso dos mesmos tendo en conta a Lei de Propiedade Intelectual O fallo será mediante ‘Vox Populi’ sendo a fotografía gañadora aquela que acumule máis votos durante a súa exposición
PRESENTACION DAS FOTOGRAFIAS TEMÁTICA
Ecosistemas Naturais (fauna, flora)
Impacto Ambiental
FOTOGRAFIAS. Tamaño Máximo. 200×250 mm Poderase empregar calquera técnica fotográfica
Nº máximo: 2 por categoría
PRAZOS. Presentación das fotos do 2 ó 19 de maio Exposición das fotos do 22 de maio ó 9 de xuño no corredor da Facultade de Bioloxía

Para quen non estea ben informado sobre a Lei de Propiedade Intelectual, e tal como están redactadas estas bases, o fotógrafo que presente unha obra a este certame perderá totalmente e indefinidamente os dereitos sobre a súa obra. Somente poderá esixir que a foto nunca se publique co nome de outra persoa (dereito irrenunciable baseado na Constitución Española).
Ou en outras palabras, non poderá publicar ou usar a súa propia foto nunca máis.
Sería interesante que os concursos respectaran de verdade o traballo do fotógrafo con unha bases máis razoables.
Comment by Xosé García — 10/05/ 2006 @ 6:44