15/05/ 2006

Os perdigóns de chumbo no litoral da Toxa son fonte de contaminación na ría.

Filed under: Litoral, Contaminación

O venres 12 de maio, as 10:30 horas, o Colectivo Ecoloxísta do Salnés (CES) quixo informar da presenza de centos de quilos de perdigóns de chumbo na costa da illa da Toxa, provintes do campo de tiro ao pichón. Para iso fíxose unha primeira mostraxe das áreas afectadas e unha mesa – mostra dos perdigóns recollidos nos distintos sustratos. Cinco socios do CES desprazáronse ás inmediacións do campo de tiro ao pichon, e fixeron unha recollida de perdigóns de chumbo, en distintos sustratos do litoral da illa (rochas do intermareal e sedimentos areosos) durante 20 minutos. Os resultados foron a recollida de 3,1 Kg de chumbo.

 

Obxectivos do CES con esta actividade:

° Denunciar ante a opinión pública a concentración de perdigóns de chumbo no litoral de A Toxa, provintes da actividade do Campo de tiro ao pichón.

° Incidir en que o chumbo disólvese nas augas da ría, contaminándoas.

° Acadar que se realice a limpeza do litoral afectado.

Razóns para solicitar a limpeza:

° Os perdigóns, debido a que son pequenas esferas, teñen moita superficie en contacto co mar, acelerando a súa disolución. Isto, e a súa cantidade, os convirte nunha nada despreciable fonte de chumbo nas nosas augas.

° O chumbo disólvese e contamina tanto as augas coma os sedimentos. Moitos animais mariños que se alimentan filtrando as augas e os sedimentos poden verse afectados.

° Moitas especies comerciais poden acumular o chumbo no seu corpo, sen que os controis sanitarios podan detectalos.

° Os perdigóns atópanse nunha zona litoral protexida pola Xunta no “Complexo Ons – O Grove”. Dito complexo está declarado como zona ZEPA (zona de especial protección para aves) pola Directiva AVES da UE, pola importancia que ten como espacio de descanso para milleiros de aves acuáticas migratorias. Moitas destas aves confunden os perdigóns con grava ( a cal tragan para axudar a moer o alimento e así dixerilo mellor). O chumbo fainos enfermar de plumbismo e morrer.

° A súa limpeza é doada e viable económicamente.

° Por que todos precisamos dun ambiente saudable.

1 Comment »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/05/15/os-perdigons-de-chumbo-no-litoral-da-toxa-son-fonte-de-contaminacion-na-ria/trackback/

  1. Os perdigons de chumbo son fonte de contaminacion da Ria da Arousa

    O venres 12 de maio, as 10:30 horas, o Colectivo Ecoloxísta do Salnés (CES) quixo informar da presenza de centos de quilos de perdigóns de chumbo na costa da illa da Toxa, provintes do campo de tiro ao pichón. Cinco socios do CES desprazáronse ás…

    Trackback by chuza.org — 18/05/ 2006 @ 8:36

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here