25/05/ 2006

O Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) organiza unha actividade aberta polo litoral de Rons, en O Grove, para explicar a súa proposta de mellora ambiental.

Filed under: Convocatoria, Litoral

O CES organiza, dentro das Actividades Abertas Mensuais do Colectivo, un recoñecemento do tramo de litoral de O Grove, comprendido entre Cantodorxo e Virxe das Mareas. O CES fai esta invitación a socios e non socios a coñecer un entorno costeiro que amosa moitas posibilidades recreativas toda vez sexa rehabilitado ambietnal e paisaxísticamente, xa que actualmente a súa estética está a ser degradada por diversas actuacións. O CES guiará o paseo, explicando aos asistentes as súas propostas de actuación na zona, propostas recollidas nun estudo que lle foi entregado á Delegada do Servizo de Costas de Pontevedra hai poucas semáns.

Esta actividade comeza as cinco da tarde do próximo sábado 27 de maio, diante da lonxa de O Grove. A actividade terá unha duración de aproximadamente dúas horas, sendo unha ruta apropiada para todas as idades. Recoméndase aos asistentes ir con calzado e roupa apropiada para camiñar.






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here