26/05/ 2006

“Abrindo camiños de diálogo”: Xornada sobre a Xestión do lixo en Galiza 2006

Filed under: Residuos, Convocatoria

 Sábado 27 de maio Museo do Pobo Galego. Santiago de Compostela Diante da inminente revisión dos planos e políticas de xestión dos residuos na Galiza, é crucial a posta ao día da situación e resultados acadados nos ámbitos das diferentes alternativas existentes. Preténdese ademais crear un encontro de debate sobre as dificultades coas que bate unha xestión sustentábel do lixo no noso país, e sobre que liñas deben ser impulsadas e cales revisadas. Ao longo da xornada, poderán intercambiar os seus pontos de vista e expericiencias as persoas responsábeis de empresas, administiracións, colectivos ecoloxistas e en xeral calquera persoa interesada ou afectada polas prácticas de xestión dos residuos.

PROGRAMA:

10:00 h. Recepción.

 

10:15 h. Inauguración. Consellería de Medio Ambiente, Xunta de Galiza; Adela Figueroa, Presidenta de ADEGA; Celestino Quintela, Coordenador Xeral da FEG (Federación Ecoloxista Galega)

 

10:30 h. A SITUACIÓN DA XESTIÓN DO LIXO EN GALIZA

• Joaquín Lucas Buergo del Río, Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Consellaría de MA, Xunta de Galiza. • José Álvarez Díaz, Presidente de SOGAMA.

• Fernando Roade. Oficina de Medio Ambiente. Concello de A Coruña.

• Marta Domínguez, Técnica de Proceso, Complexo Medioambiental do Barbanza.

Modera: Manuel Soto Castiñeira, Profesor de Enxeñaría Química, Universidade da Coruña.

 

12:30 h. Descanso.

 

13:00 h. EXPERIENCIAS

• Recollida selectiva eficiente e Instrumentos económicos na xestión do lixo. Óscar Pérez, CEPA (Centre d’Ecologia i Projectes Alternatius, Cataluya).

• A Compostaxe doméstica en Galiza, por Ramsés Pérez, experto en Educación Ambiental.

• Iniciativas europeas e resultados no eido da redución en orixen. Celestino Quintela, Biólogo, Universidade de Santiago de Compostela.

Modera: Fins Eirexas, secretario executivo de ADEGA

 

14:30 h. Xantar

 

16:30 h. Presentación da campaña "DEMOS O PRIMEIRO PASO. ENTIDADES GALEGAS PARA A REDUCIÓN DE RESIDUOS ". FEG e ADEGA.

 

17:00 h. XESTIÓN DE LODOS DE DEPURACIÓN: Alternativas e sustentabilidade

• Xosé A. Glez Ferreira, Enxeñeiro, Lagares Ingeniería.

• Severiano Ónega Ares, Apoderado e Asesor Técnico de Agroamb.

• Belén Rodríguez, xornalista, ADEGA.

Modera: Celestino Quintela (FEG)

 

18:00 h. Descanso.

 

18:30 H. Mesa redonda "O FUTURO DA XESTIÓN DO LIXO EN GALIZA. CONCLUSIÓNS" Convidados/as: representantes políticos (PP, PSOE, BNG) e ecoloxistas (ADEGA, FEG).

Modera: Xosé Luis Castro Baleato, FEG

 

19:45 h. Clausura

 

ORGANIZAN: ADEGA, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza FEG, Federación Ecoloxista Galega

COLABORAN: Consellaría de M.A., Xunta de Galiza SOGAMA Concello de A Coruña FCC Lagares Enxeñaría Agroamb Museu do Pobo Galego

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/05/26/p156/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here