30/06/ 2006

Verdegaia denuncia diante do SEPRONA unha nova mortandade de troitas no río Cabrón en Ordes

Suspeita que a orixe sexa a limpeza da cubeta da piscina municipal de ordes

 

A asociación ecoloxista Verdegaia ven de denunciar diante do SEPRONA unha denuncia pola mortandade de troitas no río Cabrón que comezou o día 28 de xuño e da que aínda hoxe aparecen numerosos exemplares mortos flotando no río.

(more…)

28/06/ 2006

Carta de Resposta á resolución de aprobación do proxecto mellora ambiental da praia de Moaña

Filed under: Litoral

En referencia a la Resolución de aprobación del proyecto “MEJORA AMBIENTAL DE LA PLAYA DE MOAÑA”; T.M. DE MOAÑA (PONTEVEDRA), este colectivo quiere hacerle llegar su malestar a esta Dirección General de Costas por la forma en que fueron tratadas nuestras alegaciones, 14 en total, que no fueron contestadas y en su lugar se nos responde que “como informe general a la totalidad de la alegación cabe decir que las medidas a adoptar tendentes a mantener la sostenibilidad del medio se consensuaran con el órgano ambiental correspondiente de la Xunta de Galicia y que esta organización no se opone a la ejecución de la obra”. (more…)

27/06/ 2006

A pasarela de Baltar salvou da desaparición na zona

Filed under: Flora e Fauna, Litoral

A praia e a duna de Baltar, que recibe aos visitantes e veciños de Portonovo na entrada dende Sanxenxo, é unha zona moi frecuentada por bañistas, paseantes e deportistas. É un espazo natural rodeado por un entorno urbán ao cal enriquece paisaxística e ecoloxicamente. A biodiversidade que esconde unha duna é moi especial, debido á singularidade da súa flora, que ten que adaptarse ao sol, ao salitre, ao vento que lle move o solo, aos golpes da area. (more…)

25/06/ 2006

Verdegaia rexeita a declaración de Interese Turístico da Festa do Boi de Allariz por fundamentarse no maltrato animal

Filed under: Flora e Fauna

  A asociación ecoloxista Verdegaia rexeita coa maior rotundidade a declaración por parte da Consellería de Innovación de Festa de Interese Turístico para a Festa do Boi de Allariz publicada no DOG do 20 de xuño. (more…)

23/06/ 2006

Paralizadas cauterlarmente as obras do río Barosa (Barro)

Filed under: Augas e Ríos

  Augas de Galiza ven de decretar a paralización cautelar das obras de recheo da chaira de inundación do Río Barosa (Barro). Deste xeito, a administración da a razón aos veciños/as e ecoloxistas na súa loita contra unha obra innecesaria, inxustificada e manifestamente ilegal. Neste senso, tanto os veciños/as como ADEGA agardamos que esta paralización sexa definitiva, e que os cartos públicos sexan adicados ás auténticas prioridades da cidadanía de Barro, como son por exemplo, o saneamento e o abastecemento de auga, moi deficitarios neste concello.

(more…)

ADEGA felicítase de que o Consello da Xunta acorde iniciar os trámites para a revisión do Plano Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria

  O Consello da Xunta vén acordou onte o inicio dos trámites para a revisión do Plano Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria, co fin de definir claramente os espazos nos que cabe ubicar estas instalacións. (more…)

A FEG presenta ante a Consellería de Medio Ambiente unha proposta de ampliación das ZEPAS

Luxemburgo xulga a España pola falta de Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPAS) Dentro do Estado Español, Galicia é o territorio que menos aporta a esta rede de Espazos, para a conservación das aves, se temos en conta que o noso territorio é unhas das principais zonas de paso na súa migración.

(more…)

20/06/ 2006

A iniciativa lexislativa popular para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos aprobada definitivamente polo parlamento galego

Filed under: Augas e Ríos

O 21 de Febreiro deste ano o Parlamento Galego tomaba en consideración, cos votos a favor do PSOE e do BNG, a “Iniciativa Lexislativa Popular para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos”. Na historia do Parlamento Galego era a primeira iniciativa lexislativa popular, con texto de lei, en ser tomada en consideración. Hoxe, esta Iniciativa Lexislativa Popular, quedou aprobada definitivamente polo Parlamento Galego cos votos a favor dos tres grupos parlamentarios, BNG, PSOE e PP, convertíndose tamén na primeira proposición de Lei de iniciativa lexislativa popular en ser aprobada polo Parlamento Galego.

(more…)

18/06/ 2006

Unha empresa cinexética de Ourense oferta a posibilidade de cazar un lobo por 3000 euros.

 A FEG denuncia que existe un descontrol absoluto en materia de caza e nas que continúan a darse prácticas escandalosas.

 

A FEG considera que a oferta realizada por unha das principais empresas cinexéticas de Ourense é a gota que colma o vaso na xestión da caza nesta provincia, e na que nos últimos anos se veñen dando situacións anormais relacionadas principalmente coa xestión de coutos e peches cinexéticos de caza maior. A FEG dirixe un escrito á Consellería de Medio Ambiente na que se pregunta cal é o papel exercido polos responsables do Servicio de Caza e Pesca da propia Consellería no tocante a autorizacións, controles, vixilancia e revisións administrativas das memorias técnicas de moitos dos TECOR desta provincia, e como se continúa facendo este traballo na actualidade, xa que os principais responsables continúan nos mesmos postos tratándose de cargos de libre designación. (more…)

16/06/ 2006

O Colectivo ecoloxista do Salnés solicita ante varias administracións a retirada dos perdigóns de chumbo da ría.

  Tras a denuncia pública que o Colectivo Ecoloxista do Salnés levou a cabo nos arredores do Campo de tiro ao pichón de A Toxa (O Grove) o día 12 de maio, no que entre cinco persoas, e de xeito simbólico, recolleron máis de tres quilos de perdigóns de chumbo no litoral próximo a dito campo en aproximadamente media hora, o CES enviou escritos a distintos departamentos das Consellerías de Medio Ambiente, Pesca e Cultura e Deportes. (more…)

15/06/ 2006

Reducción dos R.S.U. no Morrazo XA!!

Filed under: Residuos

Luita Verde culpabiliza á Mancomunidade de Concellos do Morrazo e á actual empresa concesionaria, Isolux (ata hai pouco denominada Aymasa) da problemática situación actual do servizo de recollida do lixo urbano na comarca.

(more…)

Veciños e voluntarios de ADEGA paralizan unha obras nas beiras do río Barosa

Filed under: Augas e Ríos, Denuncia

  Veciños do lugar de Maquieira, do Concello de Barro, e membros de ADEGA decidiron paralizar, dende as 10 da mañán de hoxe, as obras de recheo que se están a realizar nas beiras do río Barosa. Veciños e ecoloxistas entenden que se trata dunhas obras dun impacto ambiental e social totalmente inasumíbeis por máis que se disfrace co nome de “millora natural do rio Barosa”. Ao respecto, resulta manifestamente ilegal que unhas obras desta magnitude que vai rechear caseque 70.000 metros cadrados dunha chaira de inudación das beiras do río ata unha altura de 2 a 4 metros non teña tramitado avaliación de impacto ou de efectos ambientais. (more…)

13/06/ 2006

Presentación do DVD “entre dos orillas”

A "APDR" quere presentarvos aos medios de comunicación un traballo realizado pola xente de Gualeguaychú sobre a problemática das fábricas de pasta de papel no rio Uruguai. O antidito traballo, titulado "Entre dos orillas" foi realizado por Emilio Cartoy, actualmente na nosa cidade, e ten conquerido un importante premio no festival de curtos de Barcelona hai unhas poucas datas. Neste curto, do que se vos pasará un exemplar, expóñense os problemas das fábricas tanto naquela zona (na Arxentina, Chile, Uruguai e Brasil) como deste lado do Atlántico, de forma especial en Pontevedra, e nel aparecen intervencións de membros da APDR.

A presentación faráse MAÑÁN MÉRCORES día 14 ás 19,30 horas no Salón de Actos da Facultade de Belas Artes e agardamos a vosa presencia e interese polo tema.

12/06/ 2006

A incineración de lixo con plasma desaproveita o lixo e favorece o cambio climático

 O MONÓXIDO DE CARBONO EMITIDO CONTRIBÚE AO EFECTO INVERNADOIRO

A Federación Ecoloxista Galega FEG, rexeita a posibilidade de tratar o lixo do sur de Galiza con plasma. Os ecoloxistas consideran que esa tecnoloxía de plasma é unha nova forma de incinerar os residuos, a custa de esbaldar recursos, consumir enerxía e liberar á atmósfera gases de efecto invernadoiro que contribúen ao quecemento global da Terra. (more…)

11/06/ 2006

A Federación Ecoloxista Galega apoia a protesta do Foro contra o porto de Massó

Filed under: Litoral

O coordinador e o secretario da Federación Ecoloxista Galega, que agrupa a 16 colectivos, ofreceron onte en Salgueirón unha roda de prensa para deixar abofé o seu apoio ás protestas que leva adiante o Foro Social pola Defensa do Pobo desde fai case nove meses contra o proxecto do porto deportivo de Massó. (A Voz 11/6/2006)

RECLAMAN QUE A ORDENACIÓN DO LITORAL SE FAGA DE FORMA GLOBAL E DE ACORDO A CRITERIOS TÉCNICOS

Os ecoloxistas piden que os PXOM se supediten á protección costeira Representantes da Federación Ecoloxista Galega (FEG) visitaron onte O Salgueirón para apoyar ao Foro Social na súa loita contra o porto deportivo. (Faro de Vigo 11/6/2006)

10/06/ 2006

Extinguida unha poboación de planta ameazada no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

A herba de agulla Erodium maritimun está catalogada En Perigo Crítico de Extinción e foi substituída por baldosas para unha terraza de acceso ó faro.

(more…)

Manifesto na Marcha-2006

Boas tardes e gracias por respostar un ano máis ao chamamento da “Asociación Pola Defensa da Ría”, por asistir a esta nova edición da “MARCHA CONTRA CELULOSAS”, unha edición que se da nun marco deica hoxe inédito.
(more…)

08/06/ 2006

ADENCO organiza unha exposición con cen imaxes das principais especies do País

  Máis de cincocentos escolares visitan a exposición “Árbores e plantas de Galicia”

(more…)

A FEG apoia a marcha “ENCE-ELNOSA fóra de Lourizán!” de Pontevedra
/

Quere expresar o APOIO Á MARCHA CONTRA CELULOSAS que a "Asociación Pola Defensa da Ría" ten convocado para o vindeiro SÁBADO 10 DE XUÑO ÁS 19,30 DA TARDE con saída desde as ALAMEDAS DE MARÍN E PONTEVEDRA e baixo o lema " PORQUE A RECUPERACIÓN DA RÍA, OS POSTOS DE TRABALLO, E A SAÚDE NON PODEN AGARDAR MÁIS… ENCE FÓRA DE LOURIZÁN". (more…)

07/06/ 2006

Salvemos os penedos de Traba, Pasarela e Braño

Filed under: Espazos Naturais

Este domingo 11/6 ADEGA organiza un roteiro reivindicativo polos Penedos de Traba e Pasarela e Braño. Seguindo coa campaña en defensa da Rede Natura e do Patrimonio Natural galego, tentaremos salvar esta paraxe única da especulación depredadora e facer respectar a resolución do Parlamento Galego do pasado 15 de marzo que instaba a declaración deste espazo como Monumento Natural. Leer máis

05/06/ 2006

Galiza é cada vez máis insustentábel. Verdegaia salienta 5 indicadores no Día do Medio Ambiente

Filed under: Xestión Ambiental

Con motivo da celebración mañán luns do Día do Medio Ambiente, a asociación ecoloxista Verdegaia quere salientar que Galicia é un país cada vez máis insustentábel. Os 5 indicadores que se presentan a continuación ofrécennos o retrato dunha Galicia insustentábel que, ademais, e como o resto dos países occidentais, “exporta insustentabilidade”. Verdegaia reclama da Xunta un compromiso forte coa sustentabilidade, que ten que deixar de ser a excepción para se converter na norma. A sustentabilidade debe ser o eixo central de toda a acción de goberno. leer máis

04/06/ 2006

A FEG lamenta que non haxa unha moratoria eólica en Galiza e que Industria adxudique outros 750 MW sen existir un plano eólico estratéxico.

  A FEG lamenta que a Consellería de Industria e Innovación (sic) sega unha liña peor que continuista no crecemento das centrais eólicas en Galiza. Dita Consellería ven de anunciar a adxudicación de 750 novos MW o que supón un pouco menos da metade do instalado actualmente nos nosos montes, tendo en conta que hai moitas centrais adxudicadas que aínda non foron construídas.

(more…)

03/06/ 2006

A Asociación pola Defensa da Ría presenta alegacións á solicitude de autorización ambiental integrada por parte de ELNOSA

Filed under: Denuncia, Litoral

  De acordo co prescrito na Lei 16/2002, de 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, ELNOSA está obrigada a tramitar unha Autorización Ambiental Integrada unha vez que, transcorrido un período de catro anos dende a súa concesión, correspondería realizar unha renovación da autorización de vertido. (more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here