04/06/ 2006

A FEG lamenta que non haxa unha moratoria eólica en Galiza e que Industria adxudique outros 750 MW sen existir un plano eólico estratéxico.

  A FEG lamenta que a Consellería de Industria e Innovación (sic) sega unha liña peor que continuista no crecemento das centrais eólicas en Galiza. Dita Consellería ven de anunciar a adxudicación de 750 novos MW o que supón un pouco menos da metade do instalado actualmente nos nosos montes, tendo en conta que hai moitas centrais adxudicadas que aínda non foron construídas.

Cabe preguntarse por qué a Consellería de Industria non quere abrir un debate público e sectorial sobre o modelo eólico vixente e as súas consecuencias globais sobre o territorio galego, e abordar decididamente unha profunda revisión co obxecto de presentar a toda sociedade galega un Plano Eólico Galego que contemple tódalas medidas necesarias para que a aposta pola enerxía eólica se faga con tódalas garantías para a preservación do territorio.

Adxudicar 750 MW novos e pretender demandar unha potencia de 6.000 MW a cegas e sen un estudio previo sobre a capacidade de carga do territorio supón unha auténtica temeridade e é apostar pola destrucción das nosas serras ao igual que políticas enerxéticas pasadas destruíron os nosos ríos.

Resulta paradoxal que se pretenda ampliar a potencia eólica a toda costa e por outra banda non se teña reforzado as medidas de comprobación, vixilancia e seguimento do impacto ambiental dos parques eólicos. Así non é posible falar de respecto o territorio e o ambiente. A cidadanía debe saber que non se reforzou nin tan sequera o persoal que comproba a infinidade de estudios de seguimento ambiental dos parques eólico que chegan á Consellería de Industria, co cal non é posible radiografar a situación de deterioro ambiental que xeran estas instalacións e poder determinar medidas preventivas e mellorar as instalacións futuras.

Continua así un modelo de producción eólica baseado no sometemento ás grandes corporacións enerxéticas que ten na producción intensiva o seu punto máis negativo. Este tipo de producción segue un modelo de producción completamente neoliberal polo xeito de empregar os recursos, beneficiar ás empresas, empobrecer os territorios e desfavorecer aos consumidores, é dicir, tanto aos cidadáns galegos como as industrias e empresas asentadas no territorio galego.

1 Comment »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/06/04/a-feg-lamenta-que-non-haxa-unha-moratoria-eolica-en-galiza-e-que-industria-adxudique-outros-750-mw-sen-existir-un-plano-eolico-estratexico/trackback/

  1. A FEG lamenta que non haxa unha moratoria eólica en Galiza e que Industria adxudique outros 750 MW sen existir un plano

    A FEG lamenta que a Consellería de Industria e Innovación (sic) sega unha liña peor que continuista no crecemento das centrais eólicas en Galiza. Dita Consellería ven de anunciar a adxudicación de 750 novos MW o que supón un pouco menos da metad…

    Trackback by chuza.org — 04/06/ 2006 @ 19:29

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here