Galiza é cada vez máis insustentábel. Verdegaia salienta 5 indicadores no Día do Medio Ambiente
Con motivo da celebración mañán luns do Día do Medio Ambiente, a asociación ecoloxista Verdegaia quere salientar que Galicia é un país cada vez máis insustentábel. Os 5 indicadores que se presentan a continuación ofrécennos o retrato dunha Galicia insustentábel que, ademais, e como o resto dos países occidentais, “exporta insustentabilidade”. Verdegaia reclama da Xunta un compromiso forte coa sustentabilidade, que ten que deixar de ser a excepción para se converter na norma. A sustentabilidade debe ser o eixo central de toda a acción de goberno. leer máis
