08/06/ 2006

A FEG apoia a marcha “ENCE-ELNOSA fóra de Lourizán!” de Pontevedra
/

Quere expresar o APOIO Á MARCHA CONTRA CELULOSAS que a "Asociación Pola Defensa da Ría" ten convocado para o vindeiro SÁBADO 10 DE XUÑO ÁS 19,30 DA TARDE con saída desde as ALAMEDAS DE MARÍN E PONTEVEDRA e baixo o lema " PORQUE A RECUPERACIÓN DA RÍA, OS POSTOS DE TRABALLO, E A SAÚDE NON PODEN AGARDAR MÁIS… ENCE FÓRA DE LOURIZÁN".

A Federación Ecoloxista Galega, consciente de que ENCE ten provocado:

a. a destrución da Ría de Pontevedra, o medio ambiente e os recursos naturais.

b. a perda da saúde e a calidade de vida das persoas da bisbarra.

c. a perda do monte autóctono e da súa biodiversidade.

d. a perda de numerosos postos de traballo nos sectores pesqueiro, marisqueiro, forestal e turístico.

e. a ocupación física e a desaparición dos mellores bancos marisqueiros da Ría e as praias de Pontevedra.

 

E sabedora ademais de que ENCE :

a. foi condenada por delicto ecolóxico polos seus vertidos á Ría, as emisións á atmosfera e os danos causados na saúde das persoas.

b. impide o desenvolvemento sustentábel na comarca.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/06/08/a-feg-apoia-a-marcha-ence-elnosa-fora-de-lourizan-de-pontevedra/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here