ADENCO organiza unha exposición con cen imaxes das principais especies do País
O Grupo Ecoloxista ADENCO ven de organizar a exposición “Árbores e plantas de Galicia” que durante todo o mes de Xuño está instalada na Casa dos Veciños de Angoares, Ponteareas.
A exposición recolle case un cento de imaxes das principais especies do País, divididas en varios bloques: as árbores do monte, o monte baixo, as herbas das leiras, as herbas que curan, as árbores froiteiras,
Con grande parecido coa realidade, unhas imaxes de altísima calidade aproximan aos escolares ao coñecemento das especies, dos seus nomes galegos e aos seus usos. En grupos duns trinta nenos, xa levan pasado pola exposición varios centos, e aínda quedan outros colexios de Ponteareas por asistir.
A exposición é froito dun longo traballo de varios mestres socios de ADENCO que levan anos recollendo imaxes de árbores, plantas e froitos de especies de toda Galicia. Así, hai mostra da grande variedade de castañas que se producen en Galicia, os numerosos figos, as pavias, as herbas mediciñais, etc.
Adenco quere agradecer a colaboración dos colexios de Ponteareas, que elaboraron diversos carteis para a exposición, ao tempo que a Asociación de Veciños de Angoares cede as súas instalacións.
Asimesmo, Adenco lamenta que no Concello de Ponteareas non exista ningún lugar axeitado para instalar esta exposición durante o mes de Xuño, a pesar de telo solicitado con moita antelación, posibilitando un mellor acceso da cidananía en xeral.
