Presentación do DVD “entre dos orillas”
A "APDR" quere presentarvos aos medios de comunicación un traballo realizado pola xente de Gualeguaychú sobre a problemática das fábricas de pasta de papel no rio Uruguai. O antidito traballo, titulado "Entre dos orillas" foi realizado por Emilio Cartoy, actualmente na nosa cidade, e ten conquerido un importante premio no festival de curtos de Barcelona hai unhas poucas datas. Neste curto, do que se vos pasará un exemplar, expóñense os problemas das fábricas tanto naquela zona (na Arxentina, Chile, Uruguai e Brasil) como deste lado do Atlántico, de forma especial en Pontevedra, e nel aparecen intervencións de membros da APDR.
A presentación faráse MAÑÁN MÉRCORES día 14 ás 19,30 horas no Salón de Actos da Facultade de Belas Artes e agardamos a vosa presencia e interese polo tema.
