Veciños do lugar de Maquieira, do Concello de Barro, e membros de ADEGA decidiron paralizar, dende as 10 da mañán de hoxe, as obras de recheo que se están a realizar nas beiras do río Barosa. Veciños e ecoloxistas entenden que se trata dunhas obras dun impacto ambiental e social totalmente inasumíbeis por máis que se disfrace co nome de “millora natural do rio Barosa”. Ao respecto, resulta manifestamente ilegal que unhas obras desta magnitude que vai rechear caseque 70.000 metros cadrados dunha chaira de inudación das beiras do río ata unha altura de 2 a 4 metros non teña tramitado avaliación de impacto ou de efectos ambientais. (more…)