16/06/ 2006

O Colectivo ecoloxista do Salnés solicita ante varias administracións a retirada dos perdigóns de chumbo da ría.

  Tras a denuncia pública que o Colectivo Ecoloxista do Salnés levou a cabo nos arredores do Campo de tiro ao pichón de A Toxa (O Grove) o día 12 de maio, no que entre cinco persoas, e de xeito simbólico, recolleron máis de tres quilos de perdigóns de chumbo no litoral próximo a dito campo en aproximadamente media hora, o CES enviou escritos a distintos departamentos das Consellerías de Medio Ambiente, Pesca e Cultura e Deportes.

Nos escritos dirixidos á Consellería de Medio Ambiente (Dirección xeral de Conservación da Natureza, Servizo Provincial de Conservación da Natureza e á Dirección Xeral de Calidade Ambiental) alértase da problemática de contaminación das augas da ría asociada á disolución destes perdigóns, así como do efecto directo nas aves acuáticas que poden chegar a inxerilo e causarlles a enfermidade do plumbismo e a morte. Tamén se chama a atención en que esta fonte de contaminación se está a dar dentro dos límites do Complexo Umia-O Grove, humidal protexido xestionado por dita consellería. Así pois solicítase tanto a limpeza do tramo costeiro afectado pola presenza destes milleiros de perdigóns, coma a busca de solucións definitivas ao problema (uso doutro tipo de municións, pantallas efectivas de protección no perímetro do Campo de tiro, uso dun blanco inerte, etc.). Asimesmo, tamén se fai referencia a problemática asociada á gripe aviar, xa que se pregunta se o campionato de tiro ao pichón deste ano vai ter permiso desta consellería, e de ser así se non se estaría a concorrer nunha incongruencia, tras ter obrigado ás granxas avícolas e galiñeiros do Salnés a encerrar ás aves de granxa para que non entren en contacto coas aves silvestres.

Á Consellería de Pesca solicítase a limpeza desta fonte de contaminación de metais pesados que pode chegar a introducirse na cadea trófica e causar danos nas especies de valor económico.

Por último, solicitase á Dirección xeral de Deportes que reconsidere a conveniencia de axudar económicamente ao Campionato de tiro ao pichón deste ano, xa que é unha actividade que está a provocar problemas ambientais, de saúde e económicos na zona, ademais das cuestións éticas que conleva a práctica deste “deporte”, pois maltratar a un animal e provocarlle a morte ou a agonía non debería ser entendido coma unha diversión nen deporte.

2 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/06/16/o-colectivo-ecoloxista-do-salnes-solicita-ante-varias-administracions-a-retirada-dos-perdigons-de-chumbo-da-ria/trackback/

  1. CON REFERENCIA A NOVA ESTA:
    NON A CACERIA SALVAXE DE PICHONS NOS DIAS DO 6 E 15 DE XULLO NA TOXA.
    PROTESTEMOS ANTE OS ORGANIZADORES E OS QUE PERMITEN ESTE TIPO DE MASACRES ESTUPIDAS
    PROTESTAS O CONCELLO DA ILLA DA TOXA
    PROTESTAS ANTE A CADEA DE HOTEIS HESPERIA
    PROTESTA ANTE A CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE

    Isla de La Toja s/n
    36991, Illa da Toxa/La Toja/Pontevedra(Galicia|España)
    Teléfono: 986730050
    Telf. Alternativo: 902397398
    fax: 986730101

    Dirección Isla de la Toja

    36991 Toxa (Illa Da)
    Teléfono 986 730 025
    Fax 986 730 026

    http://www.hoteladicto.com/opiniones/espana/pontevedra/granhotelhesperialatoja-toxaillada-1.html

    A Toxa vai acoller miles de escopeteiros que, baixo o título de “deportistas”, darán morte a milleiros de pombiños.Aínda que inicialmente non se ía celebrar o Campionato porque o campo de tiro non contaba coas medidas de seguridade e control necesarias e porque os perdigóns de chumbo afectaban ambientalmente á ría, humidal Ramsar – RD 581/2001- e Lugar de Importancia Comunitaria e Zona de Especial Protección de Valores Naturais e porque o campo de tiro da Toxa fora inhabilitado pola Dirección Xeral da Garda Civil ao non cumprir o regulamento de armas sendo a resolución firme desde setembro do ano pasado sen que os organizadores a recorreran, tanto o Servizo de Costas-Pontevedra como a delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente de Pontevedra como a Comandancia da Garda Civil e, finalmente, a Subdelegación de Goberno, deron por autorizar a celebración do campionato para os días 6 ao 15 de xullo.Cómo solvetou a administración as irregularidades das que adoecía este Campionato?? Cunha advertencia de señalizar unha área de seguridade no mar, cunhas barreiras de tela metálica tecida de aceiro galvanizado para impedir o sementado de perdigóns de chumbo ao humidal, con cartaces de “Prohibido el Paso Campo de Tiro” nas cercanías do campo de tiro EVENTUAL nas instalacións que a sociedade privada hoteleira ten na illa de A Toxa.Os colectivos ecoloxistas galegos mostran a súa total oposición á celebración deste campionato autorizada baixo febles criterios económicos e de interese público e nada proteccionistas co entorno natural.

    ADEGA-ourense
    delegacion prensa
    gonza_bla@hotmail.com

    Comment by gonzalo blanco vazquez — 03/07/ 2007 @ 13:35

  2. Mira que hay cinismo por todos lados

    Comment by MOu — 31/03/ 2008 @ 9:18

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here