18/06/ 2006

Unha empresa cinexética de Ourense oferta a posibilidade de cazar un lobo por 3000 euros.

 A FEG denuncia que existe un descontrol absoluto en materia de caza e nas que continúan a darse prácticas escandalosas.

 

A FEG considera que a oferta realizada por unha das principais empresas cinexéticas de Ourense é a gota que colma o vaso na xestión da caza nesta provincia, e na que nos últimos anos se veñen dando situacións anormais relacionadas principalmente coa xestión de coutos e peches cinexéticos de caza maior. A FEG dirixe un escrito á Consellería de Medio Ambiente na que se pregunta cal é o papel exercido polos responsables do Servicio de Caza e Pesca da propia Consellería no tocante a autorizacións, controles, vixilancia e revisións administrativas das memorias técnicas de moitos dos TECOR desta provincia, e como se continúa facendo este traballo na actualidade, xa que os principais responsables continúan nos mesmos postos tratándose de cargos de libre designación.

O anuncio publicado nunha páxina de caza galega, coma o que suxire a empresa Cinegéticas de San Mamed en para a caza de lobo, é unha auténtica vergoña, ata o punto que na súa sección de Caza maior recolle o seguinte :

    “Además, tenemos una pequeña oferta de ciervo y una aún más exclusiva con posibilidad de abatir un lobo gallego. Se lo debemos a nuestra guardería, que sencillamente no falla – el lobo no obedece a reglas –“.
Isto é posible, segundo o anuncio da empresa, facelo dentro do couto de A Gudiña – Pentes- Canizo, no que hai que pagar unha reserva de 240 euros e no caso de conseguir abater un lobo 3.000 euros de cobro polo trofeo. Ademais na mesma páxina ofertase a posibilidade de diferentes modalidades de caza en distintas fincas cinexéticas de Ourense, destacando a posibilidade de caza nocturna con arco nos que se cobra por corzo capturado e na que non se pon límite para a caza de raposo.
 
O lobo é unha especie cinexética que en Galicia só se pode cazar baixo autorizacións especiais e solo cando se demostren danos, e que polo tanto cabe preguntarse como a empresa e o TECOR responsable adecúan esta oferta ó preceptivo Plan de Ordenación de Caza. Ademais ofertase a súa caza durante o período de cría.
A FEG pregúntase cantos anos leva realizándose está oferta e se existía coñecemento da mesmo.
 
 Implicados na xestión do Bidueiral de Montederramo.
Dáse a circunstancia que detrás da empresa “Cinegética Serra de San Mamed” correspóndese coa noutra hora denominada TECSAGES, e que mudou de nome a raíz do conflictivo asunto da finca cinexética do Bidueiral de Montederramo, da cal foi promotora e agora xestiona, e que foi moi protestado por esta organización e outros colectivos chegando incluso presentarse varias preguntas no Parlamento Galego por parte do PSOE e do BNG na anterior lexislatura. Recordar que este couto de caza comercial ocupa unha importante extensión dentro dun espazo Rede Natura 2000, contando con numerosas irregularidades administrativas na súa tramitación, e cunhas instalacións pagadas cunha subvención da Unión Europea destinado á promoción gandeira e no que se investiu nun cercado gandeiro de máis de 15 km, e que sorprendentemente unha vez rematado se solicitou a súa reconversión a peche cinexético e coincidindo ademais cun proxecto empresarial moi ambicioso de caza maior. Sorprende na actualidade a postura adoitada pola Consellería de Medio Ambiente, en contra do defendido polo seu partido na anterior lexislatura, e na que se está a renovar o permiso de actividade de xeito anual, a pesar de non estar esclarecidas a irregularidades deste negocio, e de que se lle prohibe os galegos da oportunidade de disfrutar dun espazo natural protexido en condicións de seguridade.
 
A FEG ademais pregunta no seu escrito dirixido á Consellería de Medio Ambiente se teñen constancia de que parte do accionariado desta empresa pode estar relacionada con outras de turismo e aproveitamentos cinexéticos que tamén operan dentro da provincia de Ourense, e que incluso se poden estar vendo beneficiados de axudas para actuar dentro dun Parque Natural ourensán.
 
 Falta de transparencia na xestión de recursos destinados a caza en Galicia.
A FEG pregunta á Consellería se é certo que a supervisión das memorias técnicas e plans de caza, que teñen que acometer os técnicos da Consellería de Medio Ambiente, vai quedar en mans dunha asistencia técnica da confianza e relacionada cunha importante asociación de productores de caza galega, e polo que estes poden ser xuíz e parte no control e autorizacións dos seus propios plans. Preocupa igualmente o uso de fondos do Servicio de Caza e Pesca destinado, entre outros a pagar unha factura en concepto de 395 botellas de viño nun congreso de caza celebrado en Santiago fai dous meses e no que participaron unhas 40 persoas.
 
A FEG agarda explicacións da Consellería sobre estas cuestións e que se depuren responsabilidades. Consideramos que en materia de caza a administración debe traballar ó servicio de tódolos galegos e non solo atendendo o dictado de determinados grupos de presión de caza En Santiago, a 16 de xuño de 2006.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/06/18/unha-empresa-cinexetica-de-ourense-oferta-a-posibilidade-de-cazar-un-lobo-por-3000-euros/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here