20/06/ 2006

A iniciativa lexislativa popular para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos aprobada definitivamente polo parlamento galego

Filed under: Augas e Ríos

O 21 de Febreiro deste ano o Parlamento Galego tomaba en consideración, cos votos a favor do PSOE e do BNG, a “Iniciativa Lexislativa Popular para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos”. Na historia do Parlamento Galego era a primeira iniciativa lexislativa popular, con texto de lei, en ser tomada en consideración. Hoxe, esta Iniciativa Lexislativa Popular, quedou aprobada definitivamente polo Parlamento Galego cos votos a favor dos tres grupos parlamentarios, BNG, PSOE e PP, convertíndose tamén na primeira proposición de Lei de iniciativa lexislativa popular en ser aprobada polo Parlamento Galego.

(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here