Paralizadas cauterlarmente as obras do río Barosa (Barro)
Augas de Galiza ven de decretar a paralización cautelar das obras de recheo da chaira de inundación do Río Barosa (Barro). Deste xeito, a administración da a razón aos veciños/as e ecoloxistas na súa loita contra unha obra innecesaria, inxustificada e manifestamente ilegal. Neste senso, tanto os veciños/as como ADEGA agardamos que esta paralización sexa definitiva, e que os cartos públicos sexan adicados ás auténticas prioridades da cidadanía de Barro, como son por exemplo, o saneamento e o abastecemento de auga, moi deficitarios neste concello.

Luxemburgo xulga a España pola falta de Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPAS) Dentro do Estado Español, Galicia é o territorio que menos aporta a esta rede de Espazos, para a conservación das aves, se temos en conta que o noso territorio é unhas das principais zonas de paso na súa migración.