23/06/ 2006

Paralizadas cauterlarmente as obras do río Barosa (Barro)

Filed under: Augas e Ríos

  Augas de Galiza ven de decretar a paralización cautelar das obras de recheo da chaira de inundación do Río Barosa (Barro). Deste xeito, a administración da a razón aos veciños/as e ecoloxistas na súa loita contra unha obra innecesaria, inxustificada e manifestamente ilegal. Neste senso, tanto os veciños/as como ADEGA agardamos que esta paralización sexa definitiva, e que os cartos públicos sexan adicados ás auténticas prioridades da cidadanía de Barro, como son por exemplo, o saneamento e o abastecemento de auga, moi deficitarios neste concello.

A este respeito, a actidude do Sr. Alcalde, denunciando aos veciños da súa aldea natal debido "aos perxuízos económicos que a actitude veciñal está causando ao concello", e insistindo na necesidade e na legalidade dunha obra que, segundo Augas de Galiza, non se axusta aos permisos e carece de estudo de efeitos ambientais, amosa ben ás claras o conceito que da legalidade e o interese público ten este rexedor.
 
ADEGA lamenta as palabras do alcalde con referenza á reclamación de que as forzas de seguridade actúen contra a lexítima defensa que os veciños e veciñas fan das súas propiedades e dunha zona de especiais valores naturais. Non imos a comentar as delirantes declaracións do Sr. Landín relativas a ADEGA, máis propias doutros tempos afortunadamente xa pasados.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/06/23/paralizadas-cautelarmente-as-obras-do-rio-barosa-barro/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here