31/07/ 2006

EXPOSICIÓN REDE NATURA

Trátase dunha exposición organizada por ADEGA que pretende expresar o apoio á conservación e recuperación do noso maltratado, ameazado e, nalgúns casos, estragado medio natural. Nesta mostra-exposición preténdese a participación do máximo número de artistas plásticos e literarios que, como xa é histórico, colaboran habitualmente na defensa do noso patrimonio natural tendo un relevante papel na sensibilización do conxunto da nosa sociedade. Máis información: 981570099.

(more…)

ADEGA alegará á cidade do moble polo seu impacto ambiental

Actualmente contémplase ocupar zonas inundables que afectarán gravemente ao rio Liñares.

(more…)

27/07/ 2006

Debe respectarse coma mínimo a fase de consulta pública e resolución de alegacións presentadas contra o plan de modificación do aproveitamento da bacía do Xallas.

Prácticas furtivas e pesca ilegal

 

A FEG non concorda e non entende, de ser certas estas, as declaracións da Consellería de Medio Ambiente realizadas nun medio de comunicación na que se refire, con relación ós 3 aproveitamentos hidroeléctricos no río Xallas, que practicamente non existe rasquizo legal para prohibir a súa execución e cando aínda ademais recoñece a súa non idoneidade para unha bacía sobreexplotada.

(more…)

25/07/ 2006

As dunas de Baltar, segadas un ano máis

Filed under: Flora e Fauna, Litoral

O mes pasado o CES estivo a actualizar o inventario da flora das dunas de Baltar, a raíz do descubrimento de especies botánicas de gran valor coma o Carraspique (Iberis procumbens) planta protexida por ser un endemismo (área de distribución moi localizada) da costa atlántica da peninsula ibérica que, xunto coa lavanda (Lavandula stoechas) e a herba de namorar (Armeria sp.,) apareceu recentemente na zona ocupada pola pasarela antiga de Baltar. Este descubrimento fixémolo público á prensa o 26 de xuño.

(more…)

O CES pregunta aos alcaldes do Salnés sobre o funcionamento dos puntos limpos do lixo doméstico

Filed under: Residuos

O Colectivo Ecoloxista do Salnés está a pescudar sobre o funcionamento dos Puntos Limpos, lugares adaptados e adecuados ambientalmente para a recollida selectiva dos residuos perigosos e voluminosos de orixe doméstico, complementando así aos contenedores de recollida selectiva de materiais inocuos (vidro, papel, plásticos…)

(more…)

24/07/ 2006

Liberdade para o Xallas: basta xa de afresións aos nosos ríos

Filed under: Augas e Ríos, Enerxía

ADEGA ven de presentar alegacións aos novos aproveitamentos hidroeléctricos solicitados no Xallas por Ferroatlántica
 
ADEGA ven de presentar alegacións a tres novos aproveitamentos hidroeléctricos no río Xallas, solicitados por Ferroatlántica. Con estas obras, serían xa 8 centrais, máis 4 encoros, nun treito de 9 km de río. Á marxe dos impactos das novas obras no medio, particularmente na carballeira de Anllares, e as sinerxias coas demáis instalacións (tendidos eléctricos, parques eólicos…), non é ético nen socialmente xusto que se enaxene a práctica totalidade do caudal dun río, un ben de todos/as, a unha empresa privada. (more…)

A “APDR” solicita ao movemento ecoloxista do estado español a retirada do apoio ao “FSC”.

Filed under: Montes e incendios

Nos últimos anos moitas das certificacións concedidas polo Forest Stewards Council (FSC) a plantacións forestais en Europa e América Latina teñen sido amplamente contestadas por organizacións de defensa ambiental e dos direitos humanos ao se comprobar como se veñen certificando enormes extensións de monocultivos xestionadas de xeito totalmente insustentabel e que están levando a pobreza a zonas escasamente desenvolvidas, expulsando moitas veces ás poboacións indíxenas do seu territorio.
(more…)

18/07/ 2006

Ante a gravidade dos feitos, ADEGA pon en marcha unha rede de alerta cidadá

OS CONTINUOS VERTIDOS AFOGAN AO RIO SAR

 

O Río Sar ao seu paso por Santiago de Compostela estase convertindo nunha cañeira a ceo aberto. O degradado e maltratado rio Sar está a sufrir numerosos e habituais vertidos industriais e urbanos. Estes vertidos relizanse moitas veces en datas vacacionais e aproveitando as horas nocturnas o que os fai se cabe máis deplorábeis.

(more…)

17/07/ 2006

Verdegaia oponse a construción de novas minicentrais no río Xallas

Filed under: Augas e Ríos, Enerxía

Ven de presentar alegacións contra o proxecto de aproveitamento hidroeléctrico de Novo Castrelo, Ponte Olveira II e Fervenza II no río Xallas, nos concellos de Mazaricos e Dumbría (A Coruña).

(more…)

15/07/ 2006

Denuncia a indefensión e desinformación dos veciños fronte á chantaxe dalgunhas construtoras que ameazan coa expropiación

ADEGA RECLAMA DA XUNTA E OS CONCELLOS MEDIDAS URXENTES PARA ATALLAR A ESPECULACIÓN URBANÍSTICA NA COSTA

 

En moitas vilas da costa galega son xa familiares os "señores do maletín". Trátase de apoderados e axentes comerciais de grandes grupos inmobiliarios que están a mercar todo o terreo que poden. Tanto ten a cualificación do chan: rústico, de protección, Rede Natura… Parecen ter a seguridade de que poder edificar onde os demáis non poden. Aliás, ADEGA ten recibido denuncias de "chantaxes" á poboación, utilizando a expropiación como ameaza, ao abeiro da nefasta figura do "axente urbanizador". Estes feitos, unidos á desinformación moitas veces interesada da poboación, están a criar un estado de indefensión que aproveitan algúns especuladores sen escrúpulos.
(more…)

13/07/ 2006

Tres minicentrais sobre o río Xallas ameazan a conservación da Devesa de Anllares.

Considerada a carballeira atlántica máis occidental de Europa e segunda en extensión da provincia de A Coruña.
 
A FEG solicita á Consellería de Medio Ambiente que sexan rexeitados os tres novos proxectos de aproveitamento no río Xallas solicitados pola empresa Ferroatlántica, proxectos publicados no DOG o 22 de maio para exposición pública. A FEG lamenta que no caso de concederse, ademais de verse afectada a devandita carballeira, estragaríase definitivamente toda a bacía do río Xallas, precisamente aproveitando os treitos mellor conservados do río e que se atopan encaixados entre os granitos das estribacións do Pindo antes de chegar ó encoro de Santa Uxía, este último coñecido por secuestrar dende o ano 1988 as augas que vestían á espectacular fervenza do Ézaro. (more…)

12/07/ 2006

ADEGA demanda unha nova cultura da auga, tamén na depuración das augas residuais

Adega lamenta que casos como o da conserveira de Carnota, a ineficiencia do colector de Bens (A Coruña) e o verquidos do Sar en Santiago de Compostela, (polígono do Tambre, papeleira de Brandía, depuración ineficiente da Silvouta) se continuen a dar en pleno século XXI.

(more…)

Verdegaia esixe a intervención inmediata da Xunta para eliminar os reiterados verquidos na praia de Carnota e delimitar a súa orixe e as pertinentes responsabilidades.

Verdegaia presentou hoxe senllas solicitudes perante Augas de Galicia e a Dirección Xeral de Conservación da Natureza

 

O pasado sábado 8 de xullo, un novo verquido deixou unha paisaxe de mortandade na Praia de Carnota, concretamente na zona de Carrofeito, moi próxima a Boca de Río. Numerosos exemplares de anélidos, bivalvos, crustáceos, anguías e outras especies apareceron mortas na auga e na area mentres un cheiro noxento indicaba a presenza dun verquido de importantes dimensións.

(more…)

10/07/ 2006

Medio Ambiente desbota o proxecto de piscifactoría en Corrubedo

Este luns 10 de xullo, no decurso da primeira reunión do COGAMA (Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible), o Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, en resposta á reclamación de ADEGA de desbotar o proxecto de macropiscifatoría de Stolt Sea Farm e incluir a Punta dos Corvos este territorio na Rede Natura, anunciou que NON SE VAI INSTALAR NINGUNHA PISCIFATORÍA NESTE ESPAZO. Aliás, manifestou tamén o compromiso do seu departamento de incorporar esta área á Rede Galega de Espazos Protexidos, cunha figura de protección acorde cos valores naturais desta costa.

(more…)

06/07/ 2006

Sen cambios na política de loita contra incendios segundo o Comité de Defensa do Monte Galego

Filed under: Montes e incendios

O Comité de Defensa do Monte Galego considera que a actual Xunta de Galiza está incurrindo no mesmo erro que o anterior Goberno do Partido Popular: deseñar a política de loita contra incendios forestais sen contar coa opinión dos axentes sociais.

(more…)

03/07/ 2006

NON á piscifactoría de Corrubedo

VALORACIÓN DO PROXECTO : Se facemos caso ó sentido común, sinxelamente o proxecto non se debe facer, dende unha perspectiva da ordenación e xestión integral da costa é un proxecto imposible de compatibilizar co principal valor do lugar: a súa riqueza paisaxística, recurso estratéxico para a dinamización turística de Corrubedo.

(more…)

Non máis herbicidas nas nosas estradas

ADEGA denuncia o uso de herbicidas para "acondicionar" as marxes dalgunhas estradas galegas.

Estas práticas, ademáis de contribuir á contaminación química dos acuíferos e ao envelenamento do medio, son un factor engadido de risco de incendios pola cantidade de biomasa vexetal seca que se amorea nas cunetas. ADEGA reclama o abandono destas práticas e a substitución por traballos de rozado mecánico con recuperación da materia orgánica.

(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here