12/07/ 2006

ADEGA demanda unha nova cultura da auga, tamén na depuración das augas residuais

Adega lamenta que casos como o da conserveira de Carnota, a ineficiencia do colector de Bens (A Coruña) e o verquidos do Sar en Santiago de Compostela, (polígono do Tambre, papeleira de Brandía, depuración ineficiente da Silvouta) se continuen a dar en pleno século XXI.

Galiza é unha das comunidades autónomas nas que o tratamento de augas residuais se atopa maís retrasado. Segundo datos oficiais para o ano 2004 (Ministerio de Medioambiente, 2005), un 35% da carga contaminante non cumpría a directiva 91/271 de tratamento de augas residuais. (directiva que tiña que cumplirse a finais de 2005). Os datos reais están maís lonxe desta franxa, posto que unha parte importante das Estacións de Depuración de Augas Residuais (EDARs) non funciona adecuadamente ou ten unha capacidade insuficiente. Así o 40% dos núcleos urbanos non depuran os seus verquidos ou verten directamente ao mar
 
A modo de exemplo poñemos de manifesto o que ocorre nos municipios da provincia de A Coruña, Según datos da Consellería de Medio Ambiente, das 50 aglomeracións de máis de 2000 habitantes, 26 cumplen a directiva e as 24 restantes son obxecto de estudo. Nin Coruña e a ría do Burgo, nin Ferrol, así como Muros, Porto do Son, Melide, Arzua, As Pontes, Santa Comba Malpica, Fisterra, contan con tratamento de augas residuais. Sen embargo cidades como Santiago de Compostela ou Carnota si aparecen como aglomeracións que cumplen a directiva 91/271, sen embargo a realidade esta lonxe de ser así, xa que noticias recentes poñen de manifesto tanto verquidos empresariais (conserveiras, papeleiras ou polígonos), como depuracións ineficientes, por colapso das EDARs existentes.
 
Esta situación repítese no resto das provincias galegas, non podemos esquecer que a Ría de Vigo, e unha das maís afectadas por verquidos industriais, así como verquidos de augas residuais urbanas, feito que recibiu unha multa da Unión Europea de cerca de 20 millóns de euros.
 
Se nos atemos ao que pasa nas aglomeracións de menos de 2000 habitantes, que na actualidade non teñen que cumplir a directiva marco, a situación e moito peor, xa que debido a dispersión de poboación (das 60.000 entidades de poboación 30.000 están na Galiza), os tratamentos centralizados de tratamento de augas residuais son moi costosos tanto economica como medioambientalmente, o que se traduce nun nulo tratamento das augas residuais,
 
O saneamento padece pois un manifestro atraso, o que implica unha crecente contaminación dos nosos ríos e augas litorais, Expertos en Hidrobioloxía citan que un 90% dos nosos leitos fluviais reciben verquidos contaminantes, xa sexa de forma esporádica como permanente.
 
Dende Adega demandamos unha nova cultura da auga, cun novo plantexamento no saneamento de Galiza, que teña en conta o control da contaminación, incluindo a prevención da contaminación, a reducción no consumo de auga, e que aposte por modelos descentralizados, naturais e de baixo custo (depuracón por humidal) en núcleos de poboación menores aos 2000 habitantes.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/07/12/adega-demanda-unha-nova-cultura-da-auga-tamen-na-depuracion-das-augas-residuais/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here