25/07/ 2006

As dunas de Baltar, segadas un ano máis

Filed under: Flora e Fauna, Litoral

O mes pasado o CES estivo a actualizar o inventario da flora das dunas de Baltar, a raíz do descubrimento de especies botánicas de gran valor coma o Carraspique (Iberis procumbens) planta protexida por ser un endemismo (área de distribución moi localizada) da costa atlántica da peninsula ibérica que, xunto coa lavanda (Lavandula stoechas) e a herba de namorar (Armeria sp.,) apareceu recentemente na zona ocupada pola pasarela antiga de Baltar. Este descubrimento fixémolo público á prensa o 26 de xuño.

A pasarela, agora retranqueada polo plan de mellora ambiental do Servicio de Costas, salvou a estas especies da súa desaparición na zona debido á protección que lle proporcionaba tanto das pisadas da xente coma dos cortes da desbrozadora que anualmente segaba as “malas herbas” da parte interna da duna.

Este ano, fai dúas semanas, as segadoras do concello de Sanxenxo volveron a golpear a flora das dunas, facendo caso omiso do citado descubrimento de plantas protexidas. O Concello segue a manter a actitude de anos anteriores, cando dicía que as dunas de Baltar xa non teñen valor florístico. Seguen así as dunas a ser tratadas coma unha zona de simple céspede dun parque urbán, sen aínda decatarse de que é un espazo natural e unha xoia botánica e paisaxística que recibe a todos os veciños e visitantes do pobo de Portonovo.

O CES está convencido de que cunha boa xestión do espazo, podería compatibilizarse a súa conservación e o uso con fins de ocio, desbotando dunha vez por todas actuacións nocivas coma os desbroces anuais ou o seu uso coma zona multiusos que alteran e impiden a recuperación da flora propia do lugar.

5 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/07/25/as-dunas-de-baltar-segadas-un-ano-mais/trackback/

  1. As dunas de Baltar en Portonovo, segadas un ano máis

    Fai dúas semanas, as segadoras do concello de Sanxenxo volveron a golpear a flora das dunas. O Concello segue a manter a actitude de anos anteriores, cando dicía que as dunas de Baltar xa non teñen valor florístico. Seguen así as dunas a ser trata…

    Trackback by chuza.org — 26/07/ 2006 @ 9:09

  2. * MANIFESTO POLO TERRITORIO E O PATRIMONIO AMBIENTAL, CULTURAL E SOCIAL.SANXENXO NON SE VENDE
    
    Hoxe en Sanxenxo estamos vivindo unha encrucillada. Dunha parte, temos o camiño que nos ofrece o clan do formigón, formada por boa parte das elites gobernantes e as grandes empresas inmobiliarias e construtoras, que pretenden converter á Sanxenxo nun solar ocupado por edificios e urbanizacións. Doutra, temos o camiño dun desenvolvemento que respecte, coide e trate con intelixencia o noso territorio, as nosas paisaxes tradicionais, os nosos valores culturais e sociais, os nosos recursos naturais, a nosa biodiversidade e a nosa calidade de vida.

    Para todos os que estamos hoxe aquí lendo esta web a elección é clara: urxe un xiro de 180º no modelo de desenvolvemento que se pretende impoñer no noso territorio. Véndenos un crecemento baseado no ladrillo e que resulta canceríxeno por desmesurado. Está ao servizo do enriquecemento rápido dunha minoría e plagado de abundantes operacións corruptas e irregularidades, como se demostra co longo listado de casos que están sendo investigados nos tribunais e na Fiscalía.

    Esta explosión urbanística ameaza o corazón mesmo do Estado de Dereito, do funcionamento democrático e da liberdade, porque se está realizando á marxe dos cidadáns, intentando acalar as voces críticas, anulando o debate e anulando ao máximo os mecanismos de control e participación democráticos. Que isto é moito máis que un risco hipotético, demóstrano o abuso de figuras como o Plan xeral de Ordenación Municipal (PXOM)que deixa cidadáns indefensos,

    Con todo, pese ao desigual do balance, os cidadáns de Sanxenxo estamos dicindo alto e claro ao goberno da Xunta de Galicia, aos alcaldes e concelleiros, ás grandes empresas inmobiliarias e a todos os profetas que falan no nome do progreso, , que non imos permitir que se nos roube o noso territorio, nin o noso patrimonio ambiental, nin as paisaxes nos que crecemos e que constitúen unha parte esencial de nós mesmos, nin os elementos culturais e sociais que son inseparables da nosa identidade persoal e colectiva e da nosa forma de entender e gozar unha verdadeira calidade de vida.

    Desde fai xa uns meses, Salvemos Sanxenxo vimos loitando contra este monocultivo do Formigón co noso Blog,: Denunciando ante a cidadanía os numerosos casos de corrupción e irregularidades.

    Entre todos, estamos conseguindo que fronte ao tsunami urbanístico que abordela o concello, estea crecendo unha imparable marea de resistencia cidadá, que os profetas do ladrillo non se esperaban.

    Hoxe dicimos unha vez máis que en Sanxenxo non hai sitio para os especuladores nin para un goberno Municipal que aplanan o camiño ás escavadoras, destruíndo paisaxes, espazos naturais e patrimonios culturais mantidos desde séculos.
    Contrucuatro pretenden urbanizar o corazón da nosa ría ,o Cabo Festiñanzo, onde intentan construír un proxecto urbanístico mastodóntico e desfasado(mais de 200 vivendas), grazas a un goberno municipal que, en lugar de defender os intereses xerais de todos os cidadáns, dedícase a exercer de avogado e oficina de vendas das empresas promotoras e inmobiliarias.

    Desde aquí lanzamos unha mensaxe o concello de Sanxenxo e o seu alcalde Telmo Martín coa a súa demagoxia, dicímoslle que os cidadáns non imos consentir o seu desprezo polo territorio, polo patrimonio ambiental, cultural e social e polos intereses xerais de todos os veciños de Sanxenxo, e a súa servidume ao club do ladrillo e do enriquecemento rápido.

    Aos concelleiros, dicímoslles que imos tomar boa nota de quen está defendendo un modelo de desenvolvemento razoable e baseado na conservación intelixente dos recursos, e quen está vendendo o seu municipio e as súas xentes ao mellor postor, por un prato de lentellas.

    E finalmente dicímoslles ás empresas inmobiliarias, construtoras e promotoras, que quen han de debuxar e decidir que futuro e que tipo de desenvolvemento queremos, non son elas, senón todos os cidadáns de Sanxenxo a través de procesos democráticos. Aquí non caben empresas que ameazan a cidadáns e institucións para obrigalos a dobregarse aos seus intereses, como intentaron moitas empresas . Vostedes sobran nesta terra.

    Veciños e veciñas inténtanos enganar con publicidade valorada en 120000 euros pero o clamor do ecoloxismo, é xa unha marea profunda e crecente no noso concello,que logrou desbancar o demagóxico discurso de Telmo . E non van pararnos. Por iso coa axuda de todos denunciando nesta web os abusos urbanísticos ganaremos esta batalla

    Comment by Salvemos Sanxenxo — 27/09/ 2006 @ 13:05

  3. * MANIFESTO POLO TERRITORIO E O PATRIMONIO AMBIENTAL, CULTURAL E SOCIAL.SANXENXO NON SE VENDE
    
    Comment by Salvemos Sanxenxo — 27/09/ 2006 @ 13:06

  4. * MANIFESTO POLO TERRITORIO E O PATRIMONIO AMBIENTAL, CULTURAL E SOCIAL.SANXENXO NON SE VENDE
    
    Hoxe en Sanxenxo estamos vivindo unha encrucillada. Dunha parte, temos o camiño que nos ofrece o clan do formigón, formada por boa parte das elites gobernantes e as grandes empresas inmobiliarias e construtoras, que pretenden converter á Sanxenxo nun solar ocupado por edificios e urbanizacións. Doutra, temos o camiño dun desenvolvemento que respecte, coide e trate con intelixencia o noso territorio, as nosas paisaxes tradicionais, os nosos valores culturais e sociais, os nosos recursos naturais, a nosa biodiversidade e a nosa calidade de vida.

    Comment by Salvemos Sanxenxo — 27/09/ 2006 @ 13:07

  5. * MANIFESTO POLO TERRITORIO E O PATRIMONIO AMBIENTAL, CULTURAL E SOCIAL.SANXENXO NON SE VENDE
    
    Comment by Salvemos Sanxenxo — 27/09/ 2006 @ 13:08

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>

Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here