Debe respectarse coma mínimo a fase de consulta pública e resolución de alegacións presentadas contra o plan de modificación do aproveitamento da bacía do Xallas.
Prácticas furtivas e pesca ilegal
A FEG non concorda e non entende, de ser certas estas, as declaracións da Consellería de Medio Ambiente realizadas nun medio de comunicación na que se refire, con relación ós 3 aproveitamentos hidroeléctricos no río Xallas, que practicamente non existe rasquizo legal para prohibir a súa execución e cando aínda ademais recoñece a súa non idoneidade para unha bacía sobreexplotada.
Dende a FEG recórdase neste sentido que os 3 aproveitamentos hidroeléctricos atópanse dentro do prazo de recepción e resolución de alegacións públicas, e que tendo acabado este fin de semana a fase de exposición pública, coma mínimo Augas de Galicia debe proceder a contestar a todos aqueles cidadáns que manifestaran o seu parecer fronte a estas instalacións. Esto segundo a lexislación vixente non pode ser doutra maneira (Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal), e cabe preguntarse por exemplo se o órgano de Augas de Galicia foi capaz de resolver as alegacións enviadas nun fin de semana con ponte,ou cantas alegacións foron enviadas e que atención e consideracións técnicas se lle prestaron as mesmas.
De non acollerse o procedemento legal de resolución das consultas públicas e de alegacións entendemos que a administración galega estaría concorrendo nunha falla de transparencia na súa xestión con relación a este asunto e incluso de favoritismo á outras das empresas que Villar Mir ten en Galicia.
Dende a FEG destacamos a importancia ambiental e paisaxística do último treito ben conservado e non domesticado do río Xallas e a súa devesa de Anllares, bosque moi necesitado de atención e de medidas de xestión de conservación tal e coma puideron comprobar biólogos da organización estes días. A devesa de Anllares é un importante centro de biodiversidade e unha das últimas masas forestais do litoral galego que reproducen os orixinais bosques atlánticos europeos,xa moi escasos en toda Europa e do que sobresaen as Fragas do Eume e no Parque Nacional de Killarney, en Irlanda, ou o New Forest do sur de Inglaterra.
Neste treito do río Xallas obsérvase a presencia de mexillón de río e a FEG pregunta a Consellería de Medio Ambiente si se trata da especie Margaritifera margaritifera, que de ser o caso debe acollerse a medidas especiais de protección e de conservación do seu hábitat á vista do que vai ser o novo Catálogo Galego de Especies Ameazadas a aprobar nos próximos días.
Prácticas furtivas e pesca ilegal.
A FEG pon de manifesto a deficiente vixilancia ambiental que se practica sobre este treito do río Xallas e que tras a visita realizada polas marxes do río foron retiradas varias liñas de anzós para pesca furtiva e dous dispositivos de captura de lontra instalados sobre os seus comedeiros habituais, e consistentes en anzós múltiples e usando de cebo o peixe escalo.
