ADEGA alegará á cidade do moble polo seu impacto ambiental
Actualmente contémplase ocupar zonas inundables que afectarán gravemente ao rio Liñares.
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza alegará ao proxecto da coñecida cidade do Moble situada en Lagartóns-A Estrada por afectar gravemente ao rio Liñares. Adega afirma que deberá estudiarse mediante estudo de impacto ambiental a construcción deste polígono. Según a Lei 27/2006 de protección do Meio Ambiente recentemente aprobada no mes de xullo deste ano, que modifica o decreto de impacto ambiental 1302/1986, deberán contar con estudo de impacto ambiental todas as instalacións que produzan un incremento significativo das emisións atmosféricas, da utilización de recursos naturais ou da xeración de residuos.
O Polígono Industrial coñecido como Cidade do Moble ocupará a zona de 50 metros da marxe esquerda do Rio Liñares que é unha zona inundable. Ao contemplar o recheo desta zona pode producir un agravamento das inundacións na marxe dereita e augas arriba. Ademais este recheo destruirá o bosque de ribeira do rio Liñares e pode afectar á calidade das augas ao paso pola praia fluvial da Sociedade Deportiva Rio Ulla.
Adega tamén quere facer fincapé que dentro dos servizos comúns previstos non se fai referencia a ningunha depuradora de augas residuais. Por suposto ADEGA agarda que este polígono dispoña de depuradora e a coñecer en detalle o proxecto para presentar as correspondentes alegacións.
ADEGA SOLICITA que non se constrúa nas beiras dos rios ocupando as zonas inundables, quedando a expensas do que determine o estudo de impacto ambiental no referido as empresas previstas na Cidade do Moble, que en todo caso deberán ser instalacións que respecten as correspondentes distancias para as actividades molestas, insalubres, nocivas ou perigosas e COMPARTE as preocupacións dos viciños da zona.

ADEGA alegará ao proxecto da conhecida cidade do Moble da A Estrada por afectar gravemente ao rio Linhares
O Polígono Industrial conhecido como Cidade do Moble ocupará a zona de 50 metros da marxe esquerda do Rio Linhares que é unha zona inundabel. Ao contemplar o recheo desta zona pode producir un agravamento das inundacións na marxe dereita e augas ar…
Trackback by chuza.org — 02/08/ 2006 @ 17:17