31/07/ 2006

EXPOSICIÓN REDE NATURA

Trátase dunha exposición organizada por ADEGA que pretende expresar o apoio á conservación e recuperación do noso maltratado, ameazado e, nalgúns casos, estragado medio natural. Nesta mostra-exposición preténdese a participación do máximo número de artistas plásticos e literarios que, como xa é histórico, colaboran habitualmente na defensa do noso patrimonio natural tendo un relevante papel na sensibilización do conxunto da nosa sociedade. Máis información: 981570099.

CARACTERÍSTICAS DA EXPOSICIÓN

Contaría cunha representación ampla de artistas plásticos: pintores/as, escultores/as, fotógrafos… e de creadores/as literarios que, conxuntamente, poderían expresar como consideren (resaltando aspectos positivos ou de denuncia), a súa preocupación pola situación do noso medio ambiente.

Tratariamos de que a relación entre artistas plásticos e de creadores literarios estivese equilibrada. Unha proporción adecuada podería ser: 1 plástico / 2 literarios

A exposición sería itinerante, tentando chegar ao máximo número de persoas. En cada lugar onde se presentase faríamos un acto de inauguración expresando o significado desta actividade.

Realizaríase un CATÁLOGO coas seguintes características: cartafol, incluíndo fichas, tamaño cuartilla, nas que figuraría a representación da obra a cor, ou texto literario que a ser posible iría manuscrito polo propio autor/a. Polo envés, estaría a ficha técnica da obra, unha fotografía do autor/a en branco e negro, e o seu curriculum.

O catálogo podería alterarse ao longo de tempo. Variaría o mínimo indispensábel o cartafol e valorariamos a posibilidade de ampliar as fichas das obras, que estarían organizadas por orde de recepción.

A obra dos artistas plásticos sería vendida (sempre que non fose incompatible coa recepción de axudas institucionais) quedando o 30% do prezo para gastos de organización e o 70% para o autor. (No caso de ter que protexer ou enmarcar a obra descontaríanse os gastos da parte que lle correspondese ao autor).

Dos/as creadores/as literarios teriamos unha mostra da súa obra para a venda. Dos artistas pódense ter catálogos da súa obra para que os visualice o público asistente.

O catálogo da exposición venderíase a prezo de custo.

BASES PARA AS OBRAS PLÁSTICAS

Unha obra por autor-a.

Tema: o medio natural galego.

De non ser por forza maior, a obra estará na exposición até que remate o itinerario (aproximadamente ano e medio). Se o autor tivera reproduccións, venderíanse estas, quedando a entregada inicialmente na exposición.

O tamaño será como máximo de 100×100 cm. As esculturas ou instalacións serán tamén dun tamaño facilmente transportable: 100 cm de altura como máximo.

A obra entregariase preparada para ser exposta e transportada (a protección non será con vidro rompible).

Acompañarase dunha ficha (tamaño cuartilla) coa fotografía do/a autor/a (mellor en branco e negro) e curriculum adaptado ao tamaño da ficha.

O prazo máximo de entrega será o 10 de setembro.

BASES PARA AS CREACIÓNS LITERARIAS

Unha obra por autor-a.

Tema: o medio natural galego.

Texto literario orixinal ou xa publicado, coa extensión adecuada para que ocupe como máximo unha cuartilla (medio folio) por unha cara; na outra cara irá a fotografía do/a autor/a (mellor en branco e negro) e curriculum adaptado ao tamaño da ficha.

Obra en poesía ou en prosa (mellor manuscrito).

O prazo máximo de entrega será o 10 de setembro.

1 Comment »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/07/31/exposicion-rede-natura/trackback/

  1. quiero que me mande los trabajo por e-mail

    josealberto220@hotmail.com
    el cangril

    Comment by alberto — 13/09/ 2006 @ 1:21

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here