02/08/ 2006

Veciños de Barosa (Barro-Pontevedra) siguen denunciando ao Sr. Alcalde de Barro por ordenar o vertido de escombros no río Barosa

Filed under: Augas e Ríos

O pasado 22 de Xuño, o Organismo AUGAS DE GALIZA, atendendo ás denuncias presentadas polos veciños de Barosa (Barro) e por ADEGA, acordaba incoar expediente sancionador ao concello de Barro polas obras de recheo que estaba a realizar en ría Barosa sen axustarse en nada ao condicionado das autorizacións acordando asimesmo a inmediata paralización cautelar das obras.

A pesar desta paralización, se ben as máquinas foron retiradas da zona, o Sr. Alcalde de Barro parece ter ordenado a continuación do recheo colocando uns carteis na parcela indicando que se admite terra e, incluso, solicitando a colaboración dalgunha empresa para que deposite os seus escombros na referida parcela de Ría Barosa.
 
Ante este feito, xa hai dúas semanas que os veciños de Barosa acordaron denunciar aos responsábeis dos vertidos ante o SEPRONA e ante a policía autonómica e máis a colocación duns carteis nos accesos ás parcelas da zona advertindo de que, por unha parte, a obra estaba paralizada pola Xunta de Galicia e de que, por outra, o Sr. Alcalde de Barro non é quen para ordenar o vertido de escombros nunhas parcelas sobre as que non tén aínda dominio algún, xa que a urxente ocupación das mesmas foi anulada por parte da Xunta de Galiza, ao non poder xustificarse a urxencia da obra.
 
Comoqueira que, – incitados polo Sr. Alcalde -, continuaba o vertido de escombros, os veciños, ao tempo que seguen coas denuncias, acordaron vixiar a zona con maior continuidade. Esta vixiancia logrou impedir que os vertidos poideran continuar, pero, na noite deste luns, – despóis dunha tensa discusión – dun propietario con un dos camioneiros da empresa COVAS DE MEAÑO (que a toda costa quería efectuar o seu vertido na parcela dun dos veciños presentes), os carteis colocados polos veciños apareceron todos retirados.
 
A vista destes feitos, os veciños de Barosa insisten en seguir vixiando as súas parcelas e en continuar coas denuncias contra os camións que vertan ou intenten verter, sen descartar tampouco cantas accións xudiciais podan exercer en defensa da súa propiedade; pero, ao mesmo tempo, solicitan da Administración que destine á zona unha maior vixiancia e unha maior celeridade na comunicación e tramitación das sancións derivadas destes vertidos.
 
Solicitan asimesmo do Sr. Alcalde de Barro que, en lugar de insistir na provocación e na prepotencia, que empece a traballar na modificación do proxecto, pois, – a maiores dos graves impactos ambientais -, de ningunha maneira pode xustificarse que se podan tirar caseque 670.000 euros nun recheo innecesario, cando son moitas as urxencias que, por exempro, en saneamento e abastecemento de augas tén o concello de Barro. Insistir neste recheo, só pode enterderse cando se pensa que se está interesado en participar do negocio das obras, no negocio do recheo ou no negocio de calquer futura recalificación dos terreos recheados.

2 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/08/02/vecinos-de-barosa-barro-pontevedra-siguen-denunciando-ao-sr-alcalde-de-barro-por-ordenar-o-vertido-de-escombros-no-rio-barosa/trackback/

  1. Veciños de Barro denuncian ao Alcalde por ordenar o vertido de escombros no río Barosa

    Os veciños e veciñas de Barosa insisten en seguir vixiando as súas parcelas e en continuar coas denuncias contra os camións que vertan ou intenten verter, sen descartar tampouco cantas accións xudiciais podan exercer en defensa da súa propiedade;...

    Trackback by chuza.org — 03/08/ 2006 @ 17:42

  2. Os escombros de obra son residuos clasificados e deben ser xestionados por empresa autorizada conforme á legalidade. O que se está a facer é un delito. Ademais o alcalde, pode incorrer nun presunto delito de prevaricación.

    Comment by vigoblog — 04/08/ 2006 @ 19:01

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here