ADEGA reclama a intervención do exército na loita contra os incendios forestais
Expresa tamén a súa solidariedade coas brigadas de extinción, veciños/as e demáis corpos que traballan a pé de monte contra o lume
Ante a vaga de lumes que está a sufrir Galiza este verán, que xa causou a morte de dúas persoas e a perda de milleiros de hectáreas de bosque e monte baixo, ADEGA reclama a implicación de todos os medios humanos e materiais posíbeis, incluído o exército, na loita contra os incendios.
