O premio, partillado con Amigos da Terra, centráse na compostaxe caseira como exemplo de xestión sustentábel no tratamento dos resíduos orgánicos
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) ven de ser galardoada co 1º Premio da Convocatoria “Eco-Ejemplos 06” da Obra Social Caja-Madrid, xunto coa asociación Amigos da Terra. Con estes premios, de ámeto estatal, a entidade convocante pretende recoñecer exemplos de actuacións respectuosas co medio e que sexan asumíbeis e recoñecíbeis pola sociedade como modelos a seguir; alén disto, pretende tamén fomentar accións encamiñadas a incentivar a conservación da natureza, a biodiversidade e o desenvolvemento sustentábel. (more…)