Nota de prensa sobre o actual estado do Parque Nacional das Illas Atlánticas
A asociación ecoloxista Verdegaia denuncia a actual situación do Parque Nacional das Illas Atlánticas por existiren graves erros e deficiencias na xestión deste valioso espazo natural. Verdegaia denuncia o atraso de máis de tres anos na redacción do Plan Rector de Uso e Xestión (P.R.U.X.) do Parque Nacional das Illas Atlánticas que, por lei, debería estar rematado o dous de xullo de 2003, é dicir, un ano despois da Declaración Oficial do Parque.
