05/10/ 2006

Os lumes, as fortes chuvias e unha xestión insostíbel do dominio público hidráulico, causas das enchentas

O modelo mediterráneo de ocupación intensiva do territorio, traslada a Galiza as graves consecuencias das enchentes

 

As recentes inundacións sufridas nalgunhas vilas da Costa da Morte e noutros concellos costeiros galegos, produxo imaxes máis propias da zona mediterránea e do levante español, acostumados ás enchentes periódicas por trombas de auga.

Mais para ADEGA, estes episodios non se deben unicamente a causas naturais; hai outros factores de orixe antrópica que están contribúen a agravar o efeitos das avenidas provocadas polas intensas chuvias.
 
A recente vaga de lumes, concentrada nos montes de moitos concellos da costa, provocou a perda de milleiros de hectáreas de coberteira vexetal. Deste xeito, a chuvia non é retida pola vexetación, aumentando o volume a velocidade das augas de escorrentía. Alén disto, a intensa ocupación do dominio hidráulico por edificacións, o entubamento das canles naturais e a substitución das chairas de inundación dos ríos por cemento, contribúen de xeito decisivo a maximizar os efeitos negativos das enchentes en época de fortes chuvias.
 
Deste xeito, as actuacións humanas contribúen a transformar en catástrofe o que en principio é un fenómeno natural – as fortes treboadas ou trombas de auga – bastante comúns en Galiza nesta época do ano. No levante español, onde as precipitacións son menos importantes, a desnaturalización dos leitos e marxes dos ríos con construccións e obras de infraestrutura, provoca o asolagamento periódico de moitas vilas e cidades costeiras, con enormes perdas económicas e persoais.
 
Os orzamentos do estado contemplan actuacións nalgúns ríos e zonas costeiras galegas con importantes partidas para a “rexeneración ambiental” ou “rehabilitación” do borde costeiro, a base de paseos marítimos, espigóns e diques. Algunhas destas actuacións supoñen intervencións ambientalmente agresivas para “humanizar” espazos costeiros e aumentar o seu “atractivo” turístico. É o caso, por exemplo da prevista “rexeneración” de varias praias naturais en Rianxo.
 
ADEGA reclama das administracións maior sensatez á hora de planificar o desenolvemento urbanístico nas marxes dos ríos e na costa. Construir nas chairas de inundación, entubar os regos, encher de cemento as beiras dos ríos e a beiramar con paseos fluviais e marítimos, agrava os efectos das enchentes e dos lumes.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/10/05/os-lumes-as-fortes-chuvias-e-unha-xestion-insostibel-do-dominio-publico-hidraulico-causas-das-enchentes/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here