11/10/ 2006

ADEGA demanda medidas para a recuperación dos caladoiros galegos antes de inzar a costa de piscifactorías

Filed under: Litoral, Caza e Pesca

Ecoloxistas, mariñeiros e armadores denuncian práticas pesqueiras insustentábeis

 

 
A pesca baixura galega comeza a acusar as consecuencias dunha falta de control e planificación, que ameaza con deteriorar irreversíbelmente as poboacións e que xa afecta á rendibilidade das capturas. Nos últimos días, ADEGA ten recibido comunicacións de mariñeiros e armadores para denunciar prácticas pesqueiras irresponsábeis e ilegais.

Estas irregularidades teñen que ver co uso de aparellos de talla inferior á permitida, coa superación do número e altura das mallas autorizadas, co exceso de capturas, co incumprimento das tallas mínimas ou mesmo coa cantidade excesiva de nasas fondeadas por barco. Fontes do sector denuncian que o sistemático incumprimento das normas legais está xeralizado e que a inspección pesqueira non ten capacidade para levar a cabo o seu labor dun xeito eficaz.
 
Como solución, algunhas confrarías están a propoñer a reducción das tallas mínimas do peixe e o aumento das xornadas de pesca. Entendemos que aumentar a presión pesqueira diminuindo paralelamente as tallas só conduce ao rápido esgotamento dos caladoiros, e ao desplome dos prezos, reeditando a coñecida política de “pan para hoxe e fame para mañán”.
 
Neste senso, ADEGA defende medidas orientadas a facer da pesca de baixura unha actividade sustentábel, tanto dende o ponto de vista ecolóxico como do económico. Para isto, e tal como demandan algúns colectivos do propio sector, cómpre reducir o volume de capturas, aumentar as tallas, declarar zonas de reserva en amplas áreas do litoral e establecer mecanismos de control das artes e das capturas máis eficaces. Con estas medidas, non só se milloraría o estatus biolóxico dos stocks, senón que aumentaría a sustentabilidade da pesca tradicional, garantindo o seu futuro a súa rendibilidade, como quedou demostrado cos paros biolóxicos “forzosos” motivados pola catástrofe do Prestige.
 
Finalmente, ADEGA quere facer unha reflexión sobre as políticas que promoven o cultivo industrial de peixes en terra, descoidando a pesca e o marisqueo tradicionais e dando as costas a un mar que ten unha das maiores produtividades biolóxicas do mundo. A administración galega debería priorizar o aproveitamento sustentábel dos recursos do noso mar, para garantir o futuro das actividades mariñeiras tradicionais, antes que promover grandes instalacións de acuicultura na costa de alto impacto ambiental e baixa xeración de emprego.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/10/11/adega-demanda-medidas-para-a-recuperacion-dos-caladoiros-galegos-antes-de-inzar-a-costa-de-piscifatorias/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here