16/10/ 2006

Ceibar visóns americanos é un atentado contra a nosa fauna

Filed under: Flora e Fauna

ADEGA quere expresar o seu rexeitamento fronte á recente solta de visóns americanos, que nada ten que ver coa conciencia ecoloxista.

Estas accións, presuntamente realizadas por grupos de "liberación animal", aliás de facer un fraco favor aos animais que se pretende ceibar – morrerán o 98% -, poden afectar gravemente á nosa fauna autóctona e de paso, deteriorar a imaxe do ecoloxismo. Este non é o xeito de loitar contra a explotación industrial dos animais por parte da peletería de luxo. ADEGA aposta por que a educación ambiental e a concienciación social acaben por reducir a demanda destes infames produtos.

(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here