20/10/ 2006

A FEG e Amigos da Terra critican a actitude pouco participativa do consello forestal

Filed under: Montes e incendios

O PASADO 10 DE OUTUBRO, A FEG E AMIGOS DA TERRA ASISTIRON Á ANSIADA CONVOCATORIA DO CONSELLO FORESTAL

 

O 2 de decembro de 2004, o Consello do Goberno galego aprobou o decreto que regulaba este órgano de carácter consultivo para potenciar a participación e interacción entre a Administración e as entidades implicadas na xestión do monte.

Así pois, o seu nacemento responde á necesidade de crear un órgano de participación pública, que servira de canle entre os sectores implicados na xestión do monte e a Administración.

Pero o pasado día 10, o que as entidades congregadas atoparon foi un órgano simplemente informativo, pechado a propostas e cunha filosofía continuista da política forestal galega anterior.

Na primeira e única convocatoria do Consello Forestal, en decembro de 2005, o conselleiro, Alfredo Suárez Canal, anuncia a posta en práctica de medidas normativas e políticas para xaneiro e febreiro do 2006. Estas medidas incluían a ordenación do territorio forestal, a creación de perímetros de protección en torno aos núcleos rurais ao igual que medidas para obrigar a manter limpos os montes e fincas rústicas próximas a centros de poboación e finalmente, a imposición de medidas que dificultaran a acción dos incendiarios e outras destinadas ao aproveitamento da biomasa do monte.

Pero o certo é que o camiño cara o cambio, a pesares da situación limite en que se atopan os nosos montes, aínda non se iniciou.

Por parte dos representantes das organizacións de defensa da natureza propúxose que dentro do Consello Forestal é preciso a creación de dúas mesas de traballo: Mesa de Incendios Forestais e Mesa de Política Forestal como primeira medida a tomar para promover o consenso entre as organizacións sociais para deseñar a política forestal e de loita contra os incendios que os ecosistemas forestais do país precisan.

Tamén lles fixemos chegar a necesidade de por en marcha de forma inmediata campañas de formación e concienciación dirixidas ao conxunto da sociedade.

Pero as nosas demandas foron desatendidas, dende a Presidencia do Consello Forestal o que se nos fixo chegar foi unha serie de propostas de actuación (Mellora da Estrutura Forestal, Valorización do Monte Galego, Desenvolvemento Normativo…) e que cada organización remita as propostas, suxerencias ou alternativas que considere oportuno.

As organizacións ambientalistas consideramos que o Consello Forestal debe de ser un órgano participativo onde se poidan debater as liñas da política forestal a aplicar a semellanza do que acontece nos países do noso contorno, por en práctica os propios consellos da Unión Europea no VI Programa Comunitario sobre Medio Ambiente “Ampliación do diálogo, dar a oportunidade a todos os grupos interesados a que inflúan na toma de decisións. Fomentar a participación da cidadanía a través dos seus representantes. Canalizar a opinión do home da rúa cara os responsables políticos, participando e controlando a aplicación dos programas e a lexislación…”.

Lembramos que unha das funcións do Consello é precisamente “Impulsar o diálogo, participación e colaboración, […] propiciando o intercambio de información, entre todos os integrantes do Consello” (Artigo 2º do Decreto 306/2004, do 2 de decembro).

Consideramos que por parte do actual Goberno son xa horas de cambiar as actitudes que tanto se criticaron dos anteriores gobernantes, e facer que o Consello Forestal non sexa só un órgano de caracter informativo. O futuro dos nosos montes vai a depender da capacidade de diálogo, participación e consenso das políticas que se programen dende o Goberno, neste senso o Consello Forestal debe de cumprir un papel esencial para modificar a actual situación.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/10/20/a-feg-e-amigos-da-terra-critican-a-actitude-pouco-participativa-do-consello-forestal/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here