A Federación Ecoloxista Galega presenta ante o Consello Galego de Medio Ambiente 48 preguntas nas que se piden explicacións sobre o rumbo da xestión da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
A costa galega está nun serio risco de destrución, polo desmedido afán urbanístico que está acontecer nosos territorio. Sabemos que a partir de agora, constructores e Concellos, van a presionar o máximo para suavizar este proxecto, pero a natureza non ten a culpa dos problemas económicos dos Concellos nin pode soportar os intereses desmedidos das empresas
As centrais térmicas de As Pontes (ENDESA), Meirama e Sabón (UNIÓN FENOSA) superaron no 2005 un 28,15% a asignación de emisións fixada polo estado para cumprir co Protocolo de Quioto nese ano. O sector eléctrico, coas térmicas galegas á cabeza, foi o único que superou os topes asignados polo Plano Estatal de Asignacións de Dereitos de Emisión no periodo 2005-2007. No entanto, nunha manobra de enxeñería financieiro-ambiental, estas empresas continúan contaminando grazas a que poden “amortizar” a súa “débeda atmosférica” en países que como Panamá ou Costa Rica, non teñen a obriga de rebaixar as súas emisóns de CO2.
Ao fío das novas descargas de substancias altamente tóxicas a ceo aberto que estes días están a ter lugar nas instalacións portuarias da Coruña, nomeadamente na zona do Peirao Centenario, e das protestas veciñais que están a xerar, a Delegación na Coruña de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) súmase ás voces dos veciños da zona dos Castros, como xa ten feito noutras ocasións, e quere denunciar o grave problema que estas descargas representan para o medio ambiente e para a saúde das persoas.
(more…)
ADEGA ten denunciado en moitas ocasións a existenza de numerosas ilegalidades e/ou irregularidades urbanísticas en espazos da Rede Natura, nomeadamente do litoral. Debido á situación preocupante na que se atopan tanto estes espazos como o resto da nosa costa, sometida a unha crecente presión urbanística, temos reclamado da administración a urxente adopción de medidas legais que como o Plano Integral de Protección do Litoral, ou a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística non poden agardar máis. Por esta razón, non podemos menos que alegrarnos de calqueira paso encamiñado a defender este patrimonio público da irracionalidade e da arbitrariedade dos intereses da especulación. Neste senso, recoñecemos que a posta en marcha desta Axencia de Protección da Legalidade Urbanística que hoxe se anuncia, pode supoñer un paso máis neste camiño.
(more…)
O concello de Teo destaca pola ocupación intensiva do seu territorio con vivendas e infraestruturas, sendo un caso antagónico do que supón unha planificación territorial sustentábel. Alén disto, existen numerosos verquidos por todo o concello, algúns deles xa denunciados por ADEGA. Neste concello hai 18 depuradoras compactas das que a maior parte presentan deficiencias no seu mantemento ou directamente non funcionan.
(more…)
A Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) acolle favorabelmente a confesión pública dos responsables da Papeleira de Brandía, asumindo a responsabilidade do recente vertido. Este feito, non debe eximir á empresa de facer fronte ás eventuais sancións que se lle poidan impoñer. Cando unha empresa sofre un accidente debe comunicar ás administracións competentes a súa existenza, analisar as causas que o provocan e tomar medidas para que non se volva a repetir.
(more…)
Logo de que en setembro pasado, ADEGA tivera que recorrer ao Valedor do Pobo para coñecer que a piscifatoría de Stolt Sea Farm en Cabo Vilán non dispuña de permiso para verter nun espazo da Rede Natura, logo de levar aberta máis de 5 anos, ADEGA interesouse tamén polo estado das demáis instalacións de acuicultura das bacías de Galiza-Costa.
DENUNCIA O ATRASO DA XUNTA NA ELABORACIÓN DUN PLANO XERAL DE CONSERVACIÓN
A asociación ecoloxista Verdegaia lanza unha campaña en defensa da Rede Natura 2000 en Galicia que incluirá diversas accións de sensibilización e a elaboración dun informe sobre o seu estado de conservación, usando como exemplos algúns espazos. Verdegaia reclama que os espazos da Rede Natura 2000 sexan un referente de sustentabilidade e denuncia o incumprimento da promesa da Xunta de presentar un Plano Xeral de Conservación da Rede Natura 2000
Diversas entidades ecoloxistas, asociacións veciñais, organizacións de consumidores/as, cooperativas de consumo, distribuidoras… celebrarán mañá, 11 de novembro, unha xuntanza para poñer en marcha a campaña “Deamos o primeiro paso, entidades galegas pola redución dos residuos”.
Estudos recentes confirman unha alarmante perda de biodiversidade nos mares do planeta, debido a práticas pesqueiras insustentábeis, que ameazan o futuro de moitas especies comerciais. As rías e a plataforma continental galega, un dos ecosistemas de maior produtividade biolóxica do mundo, non escapan a este declive. Nos últimos tempos, os stocks dalgunhas especies como a sardiña, o bocarte e o polbo baixaron considerabelmente nas nosas augas.
O pasado 31 de outubro, a FEG foi convocada para participar na Comisión que estuda a vaga de incendios deste ano. Para ver todo texto, premede aquí
Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here