09/11/ 2006

A Consellería colaborará coa CEMMA na asistencia aos 200 exemplares anuais de cetáceos, focas e tartarugas que varan en Galicia

A Consellería de Medio Ambiente destinará 436.000 euros á creación dun centro de recuperación da fauna mariña que estará emprazado na parroquia pontevedresa de Baredo, en Baiona, segundo anunciou esta mañá en Santiago o titular deste departamento, Manuel Vázquez. As instalacións situaranse nun terreo de 10.000 metros cadrados, unha vez que a comunidade de montes onde se asentará dea o visto bo ao proxecto.

Esta actuación coincide coa firma dun convenio entre Medio Ambiente e a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) para a asistencia dos preto de 200 animais que cada ano varan no litoral de Galicia, como asegurou o presidente desta asociación, Alfredo López.

As especies máis frecuentes son os cetáceos e, en especial os golfiños e arroaces, así como focas, tartarugas e grandes quenllas – tiburón alargado de ata tres metros que vive en altamar e preto da costa. Moitas delas, pese a non ser autóctonas, chegan ata o litoral galego como consecuencia do seu proceso migratorio, como sinalou López, quen engadiu que Galicia, é a rexión do sur de Europa que máis animais recolle.

O departamento de Vázquez aportará 141.000 euros a CEMMA para que desenvolva este labor, que como apuntou López, veñen realizando desde 1990 en colaboración co Instituto Galego de Estudos Mariños de Vigo e o Acuario de O Grove. O éxito na recuperación dos animais, que na súa maioría aparecen vivos nas costas galegas, alcanza unha porcentaxe do 70 por cento.

O apoio da Consellería de Medio Ambiente e, sobre todo, a construción do centro de recuperación da fauna mariña en Baiona contribuirá a "suplir unha carencia de instalacións propias", segundo afirmou o presidente de CEMMA

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/11/09/a-conselleria-colaborara-coa-cemma-na-asistencia-aos-200-exemplares-anuais-de-cetaceos-focas-e-tartarugas-que-varan-en-galicia/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here