Diferentes entidades debaten en Compostela unha campaña para a redución dos residuos
A REDUCIÓN DOS RESIDUOS SEGUE A SER ESQUECIDA
Diversas entidades ecoloxistas, asociacións veciñais, organizacións de consumidores/as, cooperativas de consumo, distribuidoras… celebrarán mañá, 11 de novembro, unha xuntanza para poñer en marcha a campaña “Deamos o primeiro paso, entidades galegas pola redución dos residuos”.