17/11/ 2006

Verdegaia rexeita a ubicación da Plataforma Loxística en Leixa e Mandiá polo alto custe ambiental que habería que pagar, considerando acertada a exclusión dos Montes de Brión como zona industrial.

A raíz da nova xurdida nos medios de comunicación sobre o traslado da Plataforma Loxística proxectada nos Montes de Brión para os vales de Leixa e Mandiá, no Concello de Ferrol, a asociación ecoloxista Verdegaia considera que pretender ubicar dita plataforma loxística nos citados vales resultaría outro sinsentido pola degradación ambiental que conlevaría, pois estes dous vales posúen un conxunto de leiras e de prados de grande interese agropecuario. De feito, o val de Mandiá foi sometido a concentración parcelaria. Ambos vales dispoñen, ademáis, dunha rede hidrográfica ben conservada, orlada de bosques de galería e de chairas de asolagamento. Por estas razóns os vales de Leixa e Mandiá están incluidos no Catálogo de Bens Protexidos do P.X.O.M. ferrolán.

Tampouco se xustifica a construcción dunha plataforma loxística nos Montes de Brión ou nos vales de Leixa e Mandiá cando a Xunta de Galicia anunciou recentemente a creación de dous “Portos Secos” no Norte e no Sur de Galicia para, entre outros usos, dar servizo aos portos exteriores de Ferrol e A Coruña. Estes portos secos non se construirían precisamente nas proximidades dos portos exteriores, senón máis ben en áreas interiores do territorio galego, por razóns estratéxicas.
 
Desde Verdegaia, conscientes da necesidade de dispoñer de áreas específicas para o desenvolvemento de actividades industriais no marco dunha planificación racional do territorio estamos, non obstante, en total desacordo coa política expansionista de polígonos industriais que se está a facer ao longo e ancho da bisbarra, non só polo alto custe ambiental que hai que pagar, senón tamén porque moitos deses polígonos industriais construidos (Vilar do Colo, Pontedeume, …) están infrautilizados. A propia Consellería de Vivenda e Solo ven de recoñecer públicamente que o 44 % do solo empresarial de Galicia está baleiro e que na maioría dos casos non era necesario.
 
Atendendo a criterios de sustentabilidade, o máis recomendable sería dispoñer dun único polígono industrial de ámbito comarcal para satisfacer as necesidades reais dos concellos que integran a bisbarra. Consideramos que o polígono industrial de Río do Pozo en Narón podería cubrir sobradamente esas necesidades, dado que a superficie necesaria para o porto exterior quedaría cuberta coa construcción dos citados portos secos promovidos pola Xunta de Galicia.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/11/17/verdegaia-rexeita-a-ubicacion-da-plataforma-loxistica-en-leixa-e-mandia-polo-alto-custe-ambiental-que-haberia-que-pagar-considerando-acertada-a-exclusion-dos-montes-de-brion-como-zona-industrial/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here