20/11/ 2006

A situación medioambiental do concello de teo é catastrófica

URBANISMO INCONTROLADO E VERQUIDOS XENERALIZADOS

 

O concello de Teo destaca pola ocupación intensiva do seu territorio con vivendas e infraestruturas, sendo un caso antagónico do que supón unha planificación territorial sustentábel. Alén disto, existen numerosos verquidos por todo o concello, algúns deles xa denunciados por ADEGA. Neste concello hai 18 depuradoras compactas das que a maior parte presentan deficiencias no seu mantemento ou directamente non funcionan.


O Concello de Teo levou durante anos unha política urbanística insustentábel cun claro obxectivo recadatorio, baseada en encher o concello de edificacións pero investindo o mínimo posíbel en depuración de augas e na dotación de servizos ás novas vivendas. Deste novo verquido despréndese que a rede de saneamento en Teo é insuficiente para garantir a correcta depuración dos efluentes que producen os seus habitantes e as novas vivendas proxectadas.

ADEGA vai poñerse en contacto con asociacións e colectivos do concello de Teo para estudar polo miudo a situación ambiental, tratando de dar a coñecer o impacto dalgunhas actuacións nun concello no que a política do “deixar facer” choca cos intereses xerais dos cidadáns de disfrutar dun medio ambiente non contaminado e saudábel.

O obxectivo de dar a coñecer os numerosos problemas medioambientais do concello de Teo faise co ánimo de revertir esta situación e compatibilizar o desenvolvemento urbano ordenado coa conservación dun medio saudábel e non contaminado. Algúns exemplos de actuacións insustentábeis son: dous un edificios en Ponte Vea, un a menos de 5 metros do río Ulla cun sumidoiro verquendo ao seu carón, e outro edificio en construcción tamén en Ponte Vea a menos de 5 metros do río en zona de Rede Natura; sumidoiros que desaugan preto da urbanización dos Verxeles; depósitos de terra e entullo nas obras da autovía preto de Cacheiras, etc.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/11/20/a-situacion-medioambiental-do-concello-de-teo-e-catastrofica/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here