22/11/ 2006

Adega-Coruña apoia as demandas das/os veciñas/os dos Castros e denuncia ás administracións públicas por “levaren anos mirando cara a outro lado”

ADEGA-CORUÑA EXIXE A PARALIZACIÓN DAS DESCARGAS DE SUBSTANCIAS TÓXICAS A CEO ABERTO NO PORTO

 

Ao fío das novas descargas de substancias altamente tóxicas a ceo aberto que estes días están a ter lugar nas instalacións portuarias da Coruña, nomeadamente na zona do Peirao Centenario, e das protestas veciñais que están a xerar, a Delegación na Coruña de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) súmase ás voces dos veciños da zona dos Castros, como xa ten feito noutras ocasións, e quere denunciar o grave problema que estas descargas representan para o medio ambiente e para a saúde das persoas.

(more…)

ADEGA celebra esta iniciativa pero lembra que se precisa vontade política para loitar contra a especulación

Filed under: Xestión Ambiental

A RESPEITO DA CRIAZÓN DA AXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA

 

ADEGA ten denunciado en moitas ocasións a existenza de numerosas ilegalidades e/ou irregularidades urbanísticas en espazos da Rede Natura, nomeadamente do litoral. Debido á situación preocupante na que se atopan tanto estes espazos como o resto da nosa costa, sometida a unha crecente presión urbanística, temos reclamado da administración a urxente adopción de medidas legais que como o Plano Integral de Protección do Litoral, ou a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística non poden agardar máis. Por esta razón, non podemos menos que alegrarnos de calqueira paso encamiñado a defender este patrimonio público da irracionalidade e da arbitrariedade dos intereses da especulación. Neste senso, recoñecemos que a posta en marcha desta Axencia de Protección da Legalidade Urbanística que hoxe se anuncia, pode supoñer un paso máis neste camiño.

(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here