A Federación Ecoloxista Galega, defende a postura inicial da Consellería de Caride de Protección da Costa
A FEG, SOLICITARÁ MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A LEI DE PROTECIÓN DO LITORAL NO CONSELLO GALEGO DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
A costa galega está nun serio risco de destrución, polo desmedido afán urbanístico que está acontecer nosos territorio. Sabemos que a partir de agora, constructores e Concellos, van a presionar o máximo para suavizar este proxecto, pero a natureza non ten a culpa dos problemas económicos dos Concellos nin pode soportar os intereses desmedidos das empresasA costa é un dos maiores recursos ambientais económicos que ten Galiza, pero non se pode primar os intereses económicos a expensas dos ambientais, pois destruiremos a galiña dos ovos de ouro.
Segundo as enquisas que fai Turismo todos os anos, os motivos polos que veñen os turistas a Galiza, e pola súa paisaxe (despois das motivacións familiares, emigrantes, e a visita de amigos). A destrución desta paisaxe desmotivará aos turistas.
O fenómeno de estranxeiros que veñen a retirarse ou xubilarse a Galiza, non é un fenómeno novo, e buscan lugares tranquilos e afastarse dos bosques de ferro e cemento, que son as cidades, polo que tampouco é motivo para esta desmesurada febre construtora.
Tampouco é motivo a necesidade de vivenda, pois estos edificios non van dirixidos para aquela poboación con necesidade dunha vivenda, e vai dirixido para os que buscan unha segunda ou terceira residencia ou para o mero feito de invertir. Isto o demostra coma en moitos concellos, superan o 40% de vivendas sen usar (non é o mesmo que sen dono). Isto non é necesidade, senón un luxo.
Esta desmedida actividade constructora repercute tamén sobre outros intereses do litoral. A pesca é unha delas. Contaminación (preguntemos cales son as repercusións da ría de Vigo), modificación das condicións físicas do medio litoral que van condicionar o medio mariño. Non podemos esquecer as repercusións ecolóxicas, e en definitiva na pesca, acontecidas no mediterráneo no Boom dos sesenta e setenta. ¿Canto costa manter artificialmente unha praia?. Teríamos que preguntarllo aos que periodicamente teñen que restaurar a praia de Silgar, Compostela, Riazor, praias da ría de Ares-Betanzos, etc.. Isto o estamos a pagar todos, e non os verdadeiros responsables, que polo xeral son os beneficiarios destas obras.
A FEG apoia, a expensas de coñecer todo o anteproxecto, das Medidas anunciadas pola Xunta de conservación do litoral, ao mesmo tempo que solicita que o debate se abra a toda a sociedade, e non so con alcaldes e empresarios, responsabeis da desordenación que sufre Galiza, xunto as políticas desenvoltas ata o de agora de urbanismo e ordenación.
Para iniciar dito debate, A Federación solicitará que se informe no Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible a celebrar este venres.
