A “APDR” esixe o peche definitivo e inmediato de ENCE.
Diante da alarma social creada na pasada madrugada do 29 ao 30 de novembro polos “fortes ruidos” que se poideron escoitar por períodos de cinco ou dez minutos que se repetiron ao longo de boa parte desa noite dacordo co referido por algunha das moitas persoas que se puseron en contacto coa policía local, protección civil, e mesmo coa nosa Asociación semellaban “ao ruxir dun avión voando a ras do chan”, ruidos que – dacordo coa versión da policía local e coas informacións aparecidas hoxe en diversos medios de comunicación – foron provocados por un mal funcionamento do complexo industrial de ENCE en Lourizán, a “Asociación Pola Defensa da Ría” quere expoñer o seguinte: (more…)
Verdegaia demanda unha planificación seria para promover o uso da bicicleta como medio de transporte no Concello de Compostela
O anuncio realizado onte polo Concello relativo ao proxecto de construción dun carril-bici na rúa Berlín en Fontiñas é unha mostra máis da ausencia dunha aposta seria, planificada e estructurada para fomentar o uso cotián da bicicleta na nosa cidade.
