01/12/ 2006

Verdegaia demanda unha planificación seria para promover o uso da bicicleta como medio de transporte no Concello de Compostela

Filed under: Transporte

O anuncio realizado onte polo Concello relativo ao proxecto de construción dun carril-bici na rúa Berlín en Fontiñas é unha mostra máis da ausencia dunha aposta seria, planificada e estructurada para fomentar o uso cotián da bicicleta na nosa cidade.
 

O desenvolvemento de infraestruturas para a bicicleta esixe unha ollada global sobre a mobilidade e o urbanismo na cidade para poder realizar unha planificación coherente e con visión de futuro da cidade que queremos contando coa participación activa da cidadanía. Verdegaia esixe ao Concello de Compostela a realización dun Plano Director da Bicicleta en Santiago que recolla as seguintes medidas.
 
Realización dun estudo sobre a mobilidade en Compostela para coñecer os hábitos da cidadanía e establecer os polos principais de referencia da cidade e os fluxos de transporte.
 
Deseñar unha rede de itinerarios ciclistas (carrís-bici, sendas-bici, carrís segregados, áreas 30, . . ) que asegure a conectividade entre estes polos de referencia da cidade, procurando itinerarios seguros e de pendentes moderadas.
 
Dotar de infraestruturas complementarias a rede como aparcadoiros seguros e sinalización axeitada Deseñar programas complementarios de educación vial (para ciclousuarios/as e automobilistas), campañas promocionais e de divulgación e publicacións que recollan indicacións para o uso da bicicleta en Compostela.
 
Desenvolver normativa urbanística e de construción que faciliten o emprego da bicicleta como a dotación de determinadas prazas de aparcamento para bicicletas por m2 de vivenda de nova construcción en lugares accesibeis da mesma ou a obriga de prever infraestruturas ciclistas en todos os viais de nova construcción e nas reformas se é posíble.
 
Establecer as partidas orzamentarias precisas nos distintos orzamentos anuais do Concello e un calendario de realización detallado.
 
Só así poderemos aspirar a establecer a bicicleta como unha ferramenta de transporte normalizada na nosa cidade, situándonos na órbita das cidades avanzadas neste campo como Barcelona, Donostia, Cordoba ou Vitoria. Todo o demáis son xestos inúteis cara a galería que nada aportan no camiño da sustentabilidade para Compostela.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/12/01/verdegaia-demanda-unha-planificacion-seria-para-promover-o-uso-da-bicicleta-como-medio-de-transporte-no-concello-de-compostela/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here