A reforma de REACH un paso atrás para Europa, os cidadáns o pagaremos caro.
OS CONSUMIDORES EUROPEOS INDEFENSOS ANTE OS PRODUCTOS QUÍMICOS
Na recentemente aprobada reforma europea de REACH (Rexistro, Avaliación e Autorización das Substancias Químicas) os consumidores sairán rotundamente perxudicados ao permitirse que a industria química campe ás súas anchas.Os grupos ecoloxistas europeos trataban de conseguir que cando unha substancia química tivera un substituto menos nocivo para o medio ambiente a para a saúde humana fora reemplazado. O principio de precaución debe prevalecer no caso de que as substancias químicas teñan efectos sobre a saude humana e o medio ambiente e os seus efectos non estean ben ou nada coñecidos por falta de estudos de investigación.
A posición ecoloxista en base ao principio de precaución defende que debemos usar unicamente as substancias químicas das que coñezamos os seus efectos sobre a saúde.
Hoxe en día estamos inmersos nun mundo que usa miles de substancias químicas para fabricar productos de consumo habitual. Moitas destas substancias, a maior parte, teñen efectos sobre a saúde descoñecidos. Todos os anos a industria nomeadamente a química lanza ao mercado centos de novas moléculas que non están presentes de xeito natural no medio ambiente.
O conxunto de substancias químicas no que estamos inmersos (propelentes, conservantes, desinfectantes, desincrustantes…) forma un cóctel químico de efectos descoñecidos para a saude.
Soamente coñecemos os efectos sobre a saúde dalgunhas substancias químicas habituais, sen embargo non coñecemos a súa acción combinada con outras porque necesita de estudos longos e caros para levarse a cabo. A cuestión non é de menor importancia, o aumento nas sociedades desenvoltas de certas enfermidades como o cancro, aínda non é ben coñecido. Non cabe dúbida que a exposición habitual e continuada a miles de substancias químicas novas creadas pola industria pode ter grande influencia. A industria química lanza miles de novas moléculas ao ambiente cada ano, moitas como contaminantes, en pequenas cantidades da producción principal.
Esta desrregulación que acaba de afianzar a Unión Europea non é máis que unha mostra do poder do Lobby Químico en Bruxelas.
Unha mala nova para os cidadáns europeos que queren ter un medio ambiente san para ter unha vida sá. As consecuencias non son abstractas, podemos medilas en custe de vidas humanas e pagarémolas todos os consumidores xa que os gastos os asumirán os nosos sistemas de saúde.
