10/12/ 2006

Futuro incerto da Mina de as Pontes

Xa non é noticia que o 31 de decembro de 2007 cesa a extracción de lignito na mina de As Pontes, consecuencia delo, ENDESA deixanos unha bomba ecolóxica a tódolos ponteses polos servicios prestados e nas nosas mans está que non nos estoupe. O oco da mina encherase con auga facendo un lago de 550 millóns de m3 e unha profundidade de ata 200 m, ó noso xuízo cun alto perigo de que se produza nel un ambiente totalmente incompatible coa vida.

Para ser conscientes da envergadura do proxecto de enchido da mina, é preciso coñecer unha serie de cuestions técnicas. Nos xacementos mineiros de carbón, grandes cantidades de minerais piríticos quedan expostos. Estas piritas e os sulfuros asociados a eles oxídanse espontáneamente ante a presencia de grandes cantidades de auga, osíxeno e bacterias como a Thiobacillus ferrooxidans. Co asolagamento da mina teremos estos ingredientes en cantidades espectaculares e provocaríase a oxidación cun aumento considerable da acidez da auga. As consecuencias deste descenso do pH da auga son:

- As augas fanse fortemente corrosivas.

- O ecosistema fluvial degrádase ata ser incapaz de manter formas de vida acuáticas.

- A solubilidade de metais pesados aumenta, co que as augas poden chegar a ser tóxicas.

- Contaminación de acuiferos e cursos de auga superficiais.

 

Desgraciadamente non se trata de datos teóricos, senon que xa temos exemplos desta degradación de espacios naturais. Téñense descrito nos Estados Unidos minas con pH de 1,8, concentracións de Zn de 200 ppm e ata concentracións elevadas de Arsénico. Os casos máis graves de contaminación de acuiferos e cursos de auga superficial déronse de modo imprevisto, descritos por Williamsom,1985 no estado de Pennsylvania. Outros casos como Shasta Lake, gran lago artificial de California , Hop Lake situado nos Apalaches quedaron seriamente contaminados con augas de pH ácido e cunha vida acuática casi inexistente.

Todos estos casos de desfeitas ambientais reflexan a perigosidade desta actuación, mal chamada restauración, xa que pode producir un ambiente totalmente incompatible coa vida.

Dende Guerrilleiros das fragas temos que esixir que se tomen medidas correctoras que garantan unha restauración apropiada. Coidamos que non se trataron todas as posibilidades como selar todo ou gran parte do fondo, usar parte do oco como vertedoiro de residuos… opcións desvotadas polo seu alto costo. Tendo en conta que á costa do carbón pontés ENDESA obtén perto de 4 millóns de euros á semana, parécenos esixible que parte deste beneficio sexa invertido para unha real restauración e restitución dos valores naturais destruidos pola explotación .

Có fin de dar resposta a todas estas dúbidas e inquedanzas que xenera o proxecto de restauración da mina, organizamos o día 2 unha xornada de conferencias na que participaron Anibal Gil por parte de ENDESA, Felipe Mazías da Universidade de Santiago de Compostela e Francisco da Silva por parte do Concello de As Pontes. Alí os responsables do proxecto garantizaron a boa calidade das augas do futuro lago que albergará un novo ecosistema. Tamén se trataron os posibles usos do lago, reflexándose o negocio que pode significar para ENDESA a explotación turística da zona. Algo que para nos pode disipar certas dúbidas sobre a calidade da auga pero xera moitas outras; como o desenrolo urbanístico da zona.

¿Realmente queremos para o noso concello un modelo de turismo de porto deportivo e campo de golf ? Dende logo o grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas cree que non é o máis axeitado, e esiximos que realmente se restauren nos valores ambientais da zona. Cremos tamén moi necesario que como se tratou nas xornadas, os ponteses dispoñan de información actualizada e un foro de opinión onde se teñan en conta, esperamos que os órganos competentes tomaran boa nota.

3 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2006/12/10/futuro-incerto-da-mina-de-as-pontes/trackback/

  1. ENDESA está feita unha empresa que practica a irresponsabilidade corporativa e o terrorismo ecoloxico empresarial co entorno galego.

    Unha pregunta, levo tempo querendo contactar con guerrilleiros das fragas pero non atopo nen paxina nen correo electronico nen nada de nada. Unha axudiña….

    Comment by Mariano — 10/12/ 2006 @ 22:23

  2. As Pontes, vila asolagada

    En principio a data de finais de 2007 para parar a explotación da mina de As Pontes e enchela de auga segue adiante, segundo leo no blog da federación ecoloxista galega.
    Quixera contactar con guerrilleiros das fragas, pero non sei o xeito.

    ...

    Trackback by Mariano Grueiro — 10/12/ 2006 @ 22:35

  3. estou realizando un traballo na escola de turismo de a coruña sobre o turismo industrial nas pontes,gostaríame saber que e o qu pensan os ecoloxistas que e mellor facer coa mina de cara a un uso turístico sustentable,agradecería a resposta

    Comment by miriam — 18/04/ 2007 @ 13:33

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here