24/12/ 2006

A Asociación pola Defensa da Ría sumase á denuncia da consellería de medio rural contra NORFOR, a filial forestal de ENCE

Filed under: Montes e incendios

A APDR ven de presentar unha solicitude para sumarse á denuncia que ten presentado a delegación provincial de Pontevedra da Consellería de Medio Rural contra a empresa NORFOR, filial forestal de ENCE, por incumprimento do Decreto 81/1989 do 11 de maio, sobre medidas de ordenación das novas plantacións co xénero Eucaliptus, en dúas plantacións da provincia xestionadas pola empresa, en Cuñas, no Concello de Ponte Caldelas e Quintás, no concello da Estrada.

(more…)

O TSXG anula a licenza para a queima de pneumáticos no Oural

Filed under: Contaminación

O alto tribunal ven de desestimar o recurso de apelación presentado polo concello de Sarria e a fábrica de Cementos do Oural, deixando definitivamente anulada a licenza para a queima de pneumáticos na cementeira. A partir desta sentenza, contra da que non cabe xa recurso, a fatoría terá que paralizar a queima de pneumáticos que realizaba dende hai máis de 4 anos. Dende ADEGA e a Comisión pro Residuos Mínimos do Oural coidamos que se fixo xustiza cos veciños/as do Oural e da comarca: na incineración de pneumáticos danse todas as condicións para a formación de dioxinas, furanos, benceno, HAPs, metais pesados volátiles…

(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here