28/12/ 2006

Pirómanos pasivos, Pirómanos covardes

Filed under: Montes e incendios

No día de onte, un representante da FEG participou no Consello Forestal Galego, no que se nos convocou so para decirnos que recibiran moitas alegacións ao proxecto de Lei de prevención e e defensa contra os incendios forestais. No mesmo se comentou que se estaba a revisar o documento que será enviado a aprobar ao Consello da Xunta e de alí ao Parlamento.
Que se estaba a valorar o de eliminar as taxas pola extinción de lumes, aqueles donos que non limpan o monte, que veciños entren a limpar as fincas que non cumpran a normativa (un tanto lóxico) e que ían revisar as distancias dos perímetros secundarios.
Pero tal foi a sorpresa, cando escoitando a radio, declaracións do Director de Montes dicindo que o Consello había aprobado quitar ou eliminar esas partes da Lei. So se pode dicir unha cousas: A Consellería de Medio Rural e unha COVARDE. Covarde por non plantexar directamente o que ían facer, e covardes por ceder ás presións da industria e os propietarios, pois son as únicas alegacións admitidas.
Curiosamente Ignacio Ramonet, e antes de que acontecera isto, viña a dicir o mesmo, con outras verbas, no xornal El Pais e que pasamos a reproducir, e traducido ao galego (more…)

As escombreiras dunha canteira en pleno lic ancares-courel arrasan co patrimonio enográfico

Filed under: Augas e Ríos, Denuncia

O pasado 18 de Decembro, ADEGA denunciaba ante o SEPRONA á empresa “Pizarras del Oribio” como responsable da total destrución do bosque de ribeira e da vida do río Castelo (Samos) nun treito duns tres quilómetros, alén de arrasar por completo un importante patrimonio histórico e etnográfico composto por un mazo, cinco muiños, oito presas e varias pontellas e camiños. (more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here