Pirómanos pasivos, Pirómanos covardes
No día de onte, un representante da FEG participou no Consello Forestal Galego, no que se nos convocou so para decirnos que recibiran moitas alegacións ao proxecto de Lei de prevención e e defensa contra os incendios forestais. No mesmo se comentou que se estaba a revisar o documento que será enviado a aprobar ao Consello da Xunta e de alí ao Parlamento. Que se estaba a valorar o de eliminar as taxas pola extinción de lumes, aqueles donos que non limpan o monte, que veciños entren a limpar as fincas que non cumpran a normativa (un tanto lóxico) e que ían revisar as distancias dos perímetros secundarios.
Pero tal foi a sorpresa, cando escoitando a radio, declaracións do Director de Montes dicindo que o Consello había aprobado quitar ou eliminar esas partes da Lei. So se pode dicir unha cousas: A Consellería de Medio Rural e unha COVARDE. Covarde por non plantexar directamente o que ían facer, e covardes por ceder ás presións da industria e os propietarios, pois son as únicas alegacións admitidas.
Curiosamente Ignacio Ramonet, e antes de que acontecera isto, viña a dicir o mesmo, con outras verbas, no xornal El Pais e que pasamos a reproducir, e traducido ao galego PIRÓMANOS PASIVOS (Ignacio Ramonet)
En Galicia, como en todos os países de gran beleza forestal, existen tres tipos de pirómanos. O trastornado que padece do síndrome de Nerón e goza vendo arder Roma ou os bosques dos seus veciños. O especulador que, ou ben incendia o monte coa intención de convertelo en pasto para as súas bestas e cobrar as subvencións europeas, ou – máis frecuente polos nosos pagos – queima para liberar terreos participando así no festín dos millóns da construcción inmobiliaria. E o terceiro, quizais o mais perverso, o pirómano pasivo, que consente por desidia, abulia ou covardía que ardan as arbores e carbonícese o país.
As autoridades políticas pertencen a esta terceira categoría. Un testemuño deste tipo de pasividade pirómana déunola a Xunta ao retirar, a semana pasada, o canon por lumes ante a presión dos propietarios.
Tratábase, no proxecto de Lei de Prevención e Loita contra os Incendios que o Goberno galego prepara para antes do verán, de repercutir parte dos custos derivados da extinción do lume aos propietarios que descoidan os seus montes. O proxecto prevía o cobro dunha taxa a estes donos de áreas cuxo mal estado fose determinante na orixe das chamas. Era unha idea positiva e salvadora.
A presión dos propietarios fixo retroceder ao Goberno. Nunca se viu a ningún grupo social ao que se lle anuncia que debe pagar unha nova taxa festexar esta noticia. O rexeitamento dos propietarios era, pois, máis que previsible. Pero, ¿é seica suficiente para que se abandone a defensa do interese xeral e do ben común? A protección dos bosques en Galicia non é só un imperativo ecolóxico e económico, o é ante todo político por ser a noso arboredo un elemento indisociable da paisaxe galega, patrimonio fundamental e inmaterial da nosa nación.
Moitos cidadáns non entenden por que a Xunta actual non fai da guerra contra o lume – que debe ser tamén guerra contra a corrupción, contra a especulación e contra a destrución do país – unha prioridade de goberno.
Retroceder nesa fronte é enviar unha moi mala sinal a todos aqueles que, tea en man, están esperando esa fraqueza para calcinar de novo. O cambio climático axúdalles, porque co requecemento xeral as secas están deixando de ser accidentais. Os incendios estivais non van desaparecer por se sos, como pesadelos. Ao contrario, o seu número aumentará. A menos que se tomen medidas drásticas. Que non gustarán a todos, pero que deben existir.
En materia de lumes de bosques, se hai vontade política, está demostrado que se pode alcanzar o obxectivo de cero incendios. A proba é o conseguido nas Landas, esa ampla área do sureste de Francia, onde se acha o maior bosque de Europa: máis dun millón de hectáreas de piñeiros marítimos, unha esencia moi inflamable e moi combustible. Non se produciu un só incendio grave desde fai máis de cincuenta anos.
Logo duns lumes tremendos, entre 1942 e 1947, que destruíron máis de 540. 000 hectáreas, autoridades, propietarios e bombeiros uníronse. E adoptaron medidas de prevención : construción dunha rede de torres de vixía, de pistas forestais, de *paneis de sinalización, de canles de drenaxe, de estanques artificiais, etc. Ademais, o roce – ou sexa a limpa dos *matos que dan orixe, como combustible principal, á maioría dos incendios – é obrigatorio para os propietarios, desde 2001, baixo pena de multa.
Con esas medidas: cero incendios. As Landas conseguírono. ¿Por que non Galicia?
