A FEG fai balanzo ambiental do 2006.
A FEG fai un balanzo do que foi o ano a nivel ambiental, no que no bo, tivo moito que ver o movemento social e as novas normativas que veñen de Europa, mentres as malas, pese a ser recorrentes, non deixan de ser noticias e en este ano foron destacados polo medios de comunicación.
O PEOR
A Praga dos incendios A primeira praga do Apocalipse?
(Apocalipse. 15:1) Vin no ceo outra sinal, grande e admirable: sete anxos que tiñan as sete pragas postreras; porque nelas se consumaba a ira de Deus., {2} Vin tamén como un mar de vidro mesturado con lume; e aos que habían alcanzado a victoria sobre a besta e a súa imaxe, ou por último, {8} E o templo encheuse de fume pola gloria de Deus, e polo seu poder; e ninguén podía entrar no templo hasta que cumpriran as sete pragas dos sete anxos.
Pese a que San Xoán revelou as desgracias que sufrirá o mundo nos finais dos tempos, non creemos que estes versículos falaran da vaga de incendios sufridos en Galiza, pois o seu orixe non é divino senón humano. A falla de planificación e de política forestal, unha alta costume do uso do lume coma ferramenta de traballo, de vinganza ou por facer dano, e a mala xestión do monte provocaron que un ano como este, cunha climatoloxía favorable provocasen este catastrófico ano para o monte e para o medio ambiente.forestal
A Praga das augas e a súas inundacións.
Xénesis 6-9. E Deus díxolle a Noé: "O fin da humanidade aproximase. Debido a que a xente encheu a terra de violencia, Eu vou destruílos xunto coa terra.
Tampouco pode verse como cando a mar vermello se pechouse sobre os exipcios, perseguindo a Moisés e o pobo de Israel no Éxodo 5-11. “…Pero o Señor díxolle a Moisés: – Estende o teu brazo sobre o mar, para que a auga regrese e caia sobre os exipcios, e sobre seus carros e cabalería”.
Despois do dun forte período de seca viñeron as trombas de auga. A falla de proteción do solo, despois da vaga de incendios non puido reter as cantidades de augas caídas do ceo. Pero, ¿foron os lumes os únicos responsables? Non. Unha mala planificación urbanística durante moitos anos, nos que os ríos eran un estorbo e no que no seu carón eran os terreos máis baratos para ampliar as urbes, provocaron o gran tapón provocando as inundacións.
A praga da insalubridade das augas
Éxodo 5-11, Despois o Señor díxolle a Moisés: – Dille a Aarón que tome seu caxato e que estenda o seu brazo sobre los ríos, regatos, lagoas e depósitos de auga de Exipto; sobre todo o que teña auga, para que se converta en sangue.
En Galiza, as augas se tinxiron de sangue, de branco, negro, verde ou de produtos invisibles, etc. A contaminación dos nosos ríos fíxose patente este ano aínda que non é nada novo. O ríos veñen padecendo esta praga, pero os medios se fixeron eco este ano. Isto non é mais cunha demostración da mala xestión das augas fecais e industriais, e que a unión Europea xa nos avisou coa sanción coa mala situación da Ría de Vigo. ¿Diferenciase en algo a situación desta ría, coas de Pontevedra, Corcubión ou Ferrol?.
Neste apartado non podemos esquecer o acontecido en Caldas de Reis e a empresa alemana Brenntag dedicada ao almacenamento e abastecemento de produtos químicos. Pese a ter licencias, na práctica é que almacenaban produtos que non figuraban nos seus permisos, e que había Administracións que tiñan coñecemento deste feito. ¿Cantas Brenntags máis hai en Galiza?.
Cambio climático, o feito a nivel global
Un ano no que se multiplicaron as novas sobre o cambio climático, un feito tan anunciado, pero que neste ano, aumentaron as evidencias científicas, e máis foron as voces que denuncían o fecto. Pero será un ano negativo, pois ca escusa da seca, Galiza e España volveremos a incumprir o protocolo de Quioto.
O MELLOR
Lei 9/2006, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente.
Esta Lei ven da transposición da Directiva 2001/42/CE del Parlamento Europeo y del Consejo, de 27 de junio de 2001, relativa a la evaluación de los efectos de determinados planes y programas en el medio ambiente. Dita transposición debería de entrar antes do 21 de xullo de 2004, a mesma Directiva afirma que a partir desta data xa estaba en aplicación en todo o territorio Europeo Ben a a ser unha importante ferramenta para a Xestión ambiental e a Sostibilidade do territorio galego. A Paralización do Plan de Sectoriais (coma o das Piscifactorias), ou os Plans Xerais de Ordenación Municipal, foron proxectos onde influíron este ano.
Iniciativa Lexislativa popular en Defensa dos ríos e os Ecosistemas fluviais
Movemento social que converteuse, non despois de moito traballo, en lexislatura despois de seres aprobado pola Cámara Autonómica, sen unanimidade como habían prometido os grupos políticos. Esta inquedanza social que se converteu nunha ferramenta para protexer os mil ríos de Álvaro Cunqueiro. O 21 de Febreiro deste ano o Parlamento Galego tomaba en consideración, cos votos a favor do PSOE e do BNG, a “Iniciativa Lexislativa Popular para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos”. Na historia do Parlamento Galego era a primeira iniciativa lexislativa popular, con texto de lei, en ser tomada en consideración. O 20 de xuño quedou aprobada definitivamente polo Parlamento Galego cos votos a favor dos tres grupos parlamentarios, BNG, PSOE e PP, converténdose tamén na primeira proposición de Lei de iniciativa lexislativa popular en ser aprobada polo Parlamento.
E salvouse Touriñán
Despois do movemento social, e a sensibilidade do Executivo Autonómico, foi rexeitado as pretensións de instalar unha Planta de Tecnoloxía Alimentaria no cabo Touriñán, zona ubicada en Rede Natura 2000 e importante enclave paisaxístico do noso litoral. Despois da aprobación, por parte da Xunta de Galicia do executivo anterior do Plan Sectorial de Plantas de Tecnoloxía Alimentaria, quedaban ameazados varios enclaves de importancia ambiental e paisaxístico como touriñán ou Corrubedo, Este Plan Sectorial foi retirado, ainda que a ameaza seguen latente. Relacionada con este tema, tamén se presentou a Lei de Protección do Litoral, no que pode ser un paso máis na defensa das nosas maltraídas costas, pero isto xa é 2007.
