31/01/ 2007

Boas palabras, pero poucos feitos e balóns fóra agoiran un futuro pesimista para o xacemento

A BUROCRACIA E O DESLEIXO PODEN ACABAR COA MOURELA

 

No día de onte, tivo lugar a agardada entrevista co Director Xeral de Obras Públicas, Sr. Morato, para coñecer a opinión do seu departamanto encol do proxecto presentado por ADEGA e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio das Pontes para salvar o círculo lítico da Mourela. Lembremos que este proxecto propuña a construcción dun túnel en troques dunha trincheira que arrasaría o xacemento e fendería a zona arqueolóxica veciña.

(more…)

30/01/ 2007

A Autoridade Portuaria viguesa ignora as alegacións ao plan de usos

Filed under: Litoral

DENUNCIA CONXUNTA DE COLECTIVOS SOCIAIS DA CIDADE

Hai días que rematou o prazo para responder as alegacións presentadas e a Autoridade Portuaria de Vigo non deu resposta ningunha. Adega, Verdegaia, Bouzas Móvete, Luita Verde, o Foro Social de Cangas, Salvemos Monteferro e a Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón insisten en que debe ser arquivado o plan de usos actual e iniciarse a redacción dun novo, xa que o proposto vai contra a lexislación vixente.

(more…)

Acuicultura industrial na costa: macroimpactos, microemprego

Filed under: Litoral

Sres. de Pescanova: Galiza non é unha república bananera! Mentras as transnacionais da acuicultura industrial seguen coa súa chantaxe á administración e algúns alcaldes recollen sinaturas para violar a lexislación ambiental, pouco estase a falar do que realmente supoñen as macropiscifatorías en termos de xeración de emprego e xustiza social. A que empresa se lle subvenciona o 50% do investimento con cartos públicos para arrasar co patrimonio natural e contaminar as augas a cambio de 15 postos de traballo?

(more…)

25/01/ 2007

A produción e o consumo de enerxía son responsables do 82% das emisións de gases causantes do cambio climático en Galicia

Filed under: Contaminación

As centrais térmicas supuxeron en 2004 o 42 % das emisións totais Segundo os datos facilitados á asociación ecoloxista Verdegaia polo Ministerio de Medio Ambiente, o 82% das emisións galegas de gases causantes do cambio climático rexistradas en 2004 –último ano para o que hai datos oficiais dispoñibles, que se divulgan aquí por primeira vez- foron debidas á produción, transformación e consumo de enerxía. As centrais térmicas representaron nada menos que o 42% da contribución galega ao cambio climático. O seu elevado volume de emisións explica que as emisións por habitante de Galicia (13,4 toneladas en 2004) sexan moi superiores ás emisións medias da UE (10,9).

(more…)

Posicion de ADEGA a respeito dos ultimos datos presentados aos medios pola consellería de medio ambiente sobre ataques de lobos

Dende ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) queremos manifestar o seguinte:

(more…)

23/01/ 2007

ADEGA cria unha rede de seguemento e custodia dos espazos protexidos galegos

Filed under: Espazos Naturais

O OBXECTIVO SERÁ EVITAR QUE OS LICS DA REDE NATURA SUFRAN IMPACTOS AMBIENTAIS
 
A Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) ven de dar o primeiro paso para a criazón dunha rede cidadá de vixianza real e efectiva dos espazos protexidos galegos, nomeadamente da Rede Natura. Este sábado día 20 membros de ADEGA e colaboradores realizaron unha xuntanza en Compostela para coordinar esta rede cidadá para a custodia dos LICs e ZEPAs. Os asistentes procedían de todos os recunchos de Galiza onde hai un espazo incluído na Rede Natura.

(more…)

22/01/ 2007

Os ecoloxistas irán ao monte a facer ruido para frustrar a caza do raposo no Carballiño

Filed under: Caza e Pesca

Voluntarios ecoloxistas de toda Galiza desprazaranse o próximo 18 de febreiro aos montes de O Ribeiro e Carballiño co fin de impedir a celebración dun torneo nacional de caza do raposo. Este foi un dos acordos acadados na asamblea de representantes dos grupos naturalistas, ademáis da elaboración dun manifesto e a convocatoria dunha concentración dentro de dúas semanas na vila do Arenteiro. máis en La Región

21/01/ 2007

Continúan os aterramentos no rio Barosa en Barro apesar da orde de paralización

O ALCALDE DE BARRO: DON ERRE QUE ERRE

 

Durante o día de onte volveron a producirse descargas de entullos na zona do río Barosa. A situación denunciada polos veciños da Maquieira e por ADEGA produce malestar e indignación xa que estas obras están paralizadas por Augas de Galiza.

(more…)

16/01/ 2007

Os 13 campionatos oficiais de caza de raposo a celebrar durante este mes aniquilaran cerca de douscentos animais.-

Filed under: Caza e Pesca

A cara máis amarga da caza en Galicia A FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA recibiu nos últimos días numerosas peticións de cidadáns para que trasladen as autoridades competentes, neste caso á Consellería de Medio Ambiente, a grande consternación e impotencia ao ver en varios medios de comunicación ringleiras de raposos sacrificados, ata 37 no último Campionato provincial de Pontevedra celebrado en Rodeiro, no que se pode considerar coma “matanzas indiscriminadas” de raposos, suxeitas a un baleiro legal inexplicable á vista da grande mobilización de escopetas e número de animais que se sacrifican.

(more…)

13/01/ 2007

Campionato de España de caza do raposo: até cando esta barbarie?

Filed under: Caza e Pesca

Malia a termos sofrido a vaga de lumes máis devastadora da historia, concellos como O Carballiño coa connivencia da Consellería de Medio Ambiente, apoian e consinten que se celebren acontecementos tan desafortunados como a "IV Copa de España de caza do Raposo". ADEGA lamenta a pouca sensibilidade ambiental dos responsábeis deste concello e do propio conselleiro de Medio Ambiente (ex-alcalde do Carballiño) que coa a sua actitude contribuen a empeorar o estado da maltreita fauna autóctona. É así como se xestiona a nosa biodiversidade?

(more…)

12/01/ 2007

Baltar, un exemplo de promesas sen cumplir

Filed under: Flora e Fauna, Litoral

As dunas de Baltar, na entrada de Portonovo, seguen a sufrir as consecuencias da súa situación urbana, o que as fai un lugar moi apetecido para a celebración de festas, eventos deportivos, etc.

(more…)

Solicitan un tratamento de residuos máis ecolóxico

Filed under: Residuos, Contaminación

Estando xa demostrado o colapso das instalacións de tratamento dos RSU (Residuos Sólidos Urbanos) de SOGAMA en Cerceda (A Coruña), baseado na incineración e onde están a ser destinados tamén os RSU xerados nos tres concellos da Mancomunidade de Concellos do Morrazo, Moaña, Cangas e Bueu, vese na actualidade, e máis que nunca, a necesidade de buscar urxentemente unha alternativa máis ecolóxica e sostible, que sempre consideramos que debería e ten que ser dentro dun modelo comarcal de xestión e financiación pública e baseado nos 3R (Reducción, Reutilización, Reciclaxe), a compostaxe.

(more…)

Ambientalistas galegos e portugueses opôem-se ás aquaculturas na Rede Natura 2000

Filed under: Litoral

A REDE NATURA SERVE PARA ALGO MAIS QUE ENGORDAR PEIXE

A QUERCUS - Associação Nacional para a Conservação da Natureza (Portugal), a Federación Ecoloxista Galega – FEG (Galiza) e a ADEGA – Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Galiza), juntam-se na denúncia e recusa da construção de aquaculturas e outras actuações que ponham em perigo os valores naturais dos espaços da Rede Natura 2000 na Europa.

Informe entregado a Quercus para posible accións ante a unión Europea (more…)

Erros na tramitación do porto deprotivo de Cangas

Filed under: Litoral

O colectivo ecologista LUITA VERDE, integrado no FORO SOCIAL DE CANGAS, ven de presentar esta mañana un recurso extraordinario de revisión ante a Autoridade Portuaria de Vigo nol que plantea cinco errores de feito que aparecen no estudo da tramitación efectuada para o otorgamento dunha concesión para o porto deportivo en Cangas do Morrazo, na Ría de Vigo.

(more…)

11/01/ 2007

ADEGA denuncia un verquido de augas residuais en Compostela

As augas fecais producen malos cheiros e contaminan un regato en San Lázaro
 
Adega (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) denuncia publicamente un novo verquido de augas residuais no barrio de San Lázaro, o verquido procede dun tubo de formigón que verque continuamente un pequeño caudal. Este pequeno caudal pero continuo ocasiona que o regato presente crecemento de acúmulos de bacterias fecais.

(more…)

09/01/ 2007

ADEGA rexeita o proxecto de Pescanova para construir a piscifatoría máis grande do mundo en Portugal, sobre hábitats prioritarios

Filed under: Litoral

UN MILLÓN DE METROS CADRADOS EN REDE NATURA PARA PESCANOVA

 

Onte o governo portugués asinou un protocolo con Pescanova para a construcción no LIC Dunas de Mira dunha megapiscifatoría de preto de 1 millón de m2. A empresa busca así a complicidade de governos máis permisivos para eludir a lexislación ambiental europea, o que non puido conquerir en Touriñán. Actitudes como esta amosan a prepotencia e a falta de respecto de Pescanova e o governo luso pola conservación da diversidade natural de Europa. A asociación ecoloxista portuguesa QUERCUS, apoiada por ADEGA, xa expresou a súa vontade de loitar contra esta decisión. (more…)

02/01/ 2007

Galicia afástase da sustentabilidade, segundo o último informe do Observatorio da Sustentabilidade en España

Filed under: Xestión Ambiental

Verdegaia propón dez eixos de acción para a modernización ecolóxica de Galicia
 
O segundo informe anual elaborado polo Observatorio da Sustentabilidade en España (OSE), “Sostenibilidad en España 2006”, que inclúe información baseada en indicadores e desagregada por comunidades autónomas, ofrece o retrato dunha Galicia cada vez máis insustentable desde o punto de vista ecolóxico, mais alá mesmo do que poden indicar certas catástrofes como as sufridas no ano pasado. A nosa terra usa recursos naturais en exceso e con baixa eficiencia, fai unha contribución relativa moi importante ao cambio climático e continúa a degradar o territorio e a perder biodiversidade. A asociación ecoloxista Verdegaia propón dez eixos de acción para a modernización ecolóxica de Galicia e demanda da Xunta que non atrase máis a discusión pública dunha Estratexia de Desenvolvemento Sustentable.

(more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here