13/01/ 2007

Campionato de España de caza do raposo: até cando esta barbarie?

Filed under: Caza e Pesca

Malia a termos sofrido a vaga de lumes máis devastadora da historia, concellos como O Carballiño coa connivencia da Consellería de Medio Ambiente, apoian e consinten que se celebren acontecementos tan desafortunados como a "IV Copa de España de caza do Raposo". ADEGA lamenta a pouca sensibilidade ambiental dos responsábeis deste concello e do propio conselleiro de Medio Ambiente (ex-alcalde do Carballiño) que coa a sua actitude contribuen a empeorar o estado da maltreita fauna autóctona. É así como se xestiona a nosa biodiversidade?

Precisamente o día que se presenta unha nova asociación ecoloxista no Carballiño, a vila acolle a denominada "Festa da Caza" que inclúe a "IV Copa de España de caza do raposo". Este lamentábel acontecemento ten lugar nun concello dos poucos que dispoñen dunha concellería de medio ambiente e do que o seu ex-alcalde é o actual Conselleiro do ramo. Non deixa pois de resultar sorprendente e contradicitorio que sexa o propio concello, o que se involucre na organización deste "evento".

Cais son os informes científicos que manexan o concello do Carballiño e a CMA para promover a caza do raposo na comarca? Quén e onde se aprobou a celebración de tan nefasto evento? É este o "Carballiño Natural" que reza a propaganda turística coa que se trata de atraer visitantes á comarca?. Señores Montes (Alcalde) e Vázquez (Conselleiro), recomendámoslles a leitura do artigo 34-3 da Lei Galega da Caza (4/97) onde se di que queda prohibido cazar (facer batidas) en situacións extraordinarias polas que os animais se vexan obrigados a buscar novos refuxios. Estas situacións poden ser tempos de seca, incendios, envelenamentos, obras especiais que fraccionan os habitats (autoestradas, AVE…).

De todo iso houbo nesta comarca e en todo o país (lembremos senón a vaga de lumes deste verán) sen que Medio Ambiente dictase ningunha medida proteccionista de emerxencia. Non existe pois xustificación de ningún tipo para que dende o concello e a Consellería se promovan e apoien eventos coma este.

ADEGA pide o aos responsábeis institucionais do concello do Carballiño e da Consellería de Medio Ambiente retiren o seu apoio e prohíban, dadas as circunstancias expepcionais que vimos de sofrer, estes masacres inxustificados, que ademáis poñen en perigo a conservación da nosa castigada fauna autóctona.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/01/13/campionato-de-espana-de-caza-do-raposo-ate-cando-esta-barbarie/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here