Os 13 campionatos oficiais de caza de raposo a celebrar durante este mes aniquilaran cerca de douscentos animais.-
A cara máis amarga da caza en Galicia
A FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA recibiu nos últimos días numerosas peticións de cidadáns para que trasladen as autoridades competentes, neste caso á Consellería de Medio Ambiente, a grande consternación e impotencia ao ver en varios medios de comunicación ringleiras de raposos sacrificados, ata 37 no último Campionato provincial de Pontevedra celebrado en Rodeiro, no que se pode considerar coma “matanzas indiscriminadas” de raposos, suxeitas a un baleiro legal inexplicable á vista da grande mobilización de escopetas e número de animais que se sacrifican.