30/01/ 2007

A Autoridade Portuaria viguesa ignora as alegacións ao plan de usos

Filed under: Litoral

DENUNCIA CONXUNTA DE COLECTIVOS SOCIAIS DA CIDADE

Hai días que rematou o prazo para responder as alegacións presentadas e a Autoridade Portuaria de Vigo non deu resposta ningunha. Adega, Verdegaia, Bouzas Móvete, Luita Verde, o Foro Social de Cangas, Salvemos Monteferro e a Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón insisten en que debe ser arquivado o plan de usos actual e iniciarse a redacción dun novo, xa que o proposto vai contra a lexislación vixente.

Conculca a propia lexislación vixente do Porto, carece de Plan Estratéxico e de Plan de Infraestructuras; carece de informe de Sustentabilidade Ambiental segundo establecido na Lei 9/2006 de 28 de Abril; incumpre o estabelecido no Decreto Lei 2414/1961 que aproba o Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres e Perigosas; incumpre a Lei 37/2003 do Ruido; non inclúe Avaliación de Impacto Ambiental Estratéxico según as normativas estabelecidas.

Son estes os argumentos principais que na opinión dos colectivos sociais denunciantes fan necesario que se retire o documento presentado pola Autoridade Portuaria. Ao tempo, avísanlle á institución presidida por Abel Caballero que mentres se redacta e tramita un novo plan o porto debe "absterse de programar, iniciar, tramitar ou publicitar con diñeiro público calquera tipo de iniciativas, proxectos, ilusións, concursos, etc. dentro do ámbito da xurisdición portuaria sempre que non se resolva a situación contenciosa apuntada".

 

Escrito:

1.- O 12 de xaneiro rematou o prazo para a contestación por parte da Autoridade Portuaria ás alegacións presentadas ao Plan de Utilización dos Espazos Portuarios do Porto de Vigo ( art. 42 da Lei 30/1992)

2.- A día de hoxe é constatable que a ningún dos alegantes se lles notificou de forma algunha a recepción de ditas alegacións así como tamén é constatable que non se lles convocou ao preceptivo trámite de audiencia.

3.- A tenor do disposto no artigo 44 da devandita lei, (Falta de resolución expresa en procedementos iniciados de oficio, cuxo apartado 2 establece que: Nos procedementos nos que a Administración exercite potestades sancionadoras ou, en xeral, de intervención, susceptibles de producir efectos desfavorables ou de gravame, producirase a caducidade. Nestes casos, a resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións, cos efectos previstos no artigo 92) o que significa que, caducado o dito Plan de Utilización dos Espazos Portuarios do Porto de Vigo, deberán proceder ó seu arquivo.

4.- Nese sentido, vimos de presentar na Autoridade Portuaria de Vigo, con data de hoxe e por rexistro de entrada, un escrito asinado polas sete asociacións aquí representadas, do que achegamos copia.

5.- Por outra banda, a xeralidade das alegacións presentadas polos sete colectivos firmantes fan fincapé en que se retire o documento por mor das seguintes consideracións:

    · O PUEP conculca a propia lexislación vixente do Porto, carece de Plan Estratéxico e de Plan de Infraestructuras.

    · O PUEP carece de informe de Sostibilidade Ambiental segundo establecido na Lei 9/2006 de 28 de Abril.

    · Faise caso omiso do establecido no Decreto Lei 2414/1961 que aproba o Reglamento de Actividades Molestas, Insalubres e Perigosas.

    · Faise caso omiso do establecido na Lei 37/2003 del Ruido.

    · Carece de Evaluación de Impacto Ambiental Estratéxico según as normativas: Directiva 2001/42/CEE relativa á evalución dos efectos de determinados Plans e Programas no Medio Ambiente; Directiva 85/337/CEE relativa á avalación de proxectos públicos e privados no medio ambiente, modificada pola 97/11/CEE; Directiva 92/43/CEE que dispón que os estados membros adoptarán as medidas necesarias nas zonas especiais de conservación como Rede Natura 2000 ou espazos naturais para evitar o deterioro do habitat natural e das especies asi como as alteracións que motivaran a designación da zona.

 

ADEGA, Bouzas móvete, Foro Social de Cangas, Luita Verde, Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón, Salvemos Monteferro, Voces polo Litoral de Teis, GAS, Centro Social Revolta e Verdegaia

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://federacionecoloxista.blogsome.com/2007/01/30/a-autoridade-portuaria-viguesa-ignora-as-alegacions-ao-plan-de-usos/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>























Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here